Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Grupo Inmobiliario Tres Piedras, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Grupo Inmobiliario Tres Piedras, S.L.

NIF: B-36862563

R/ Crucita, nº 22

Adeje-Santa Cruz de Tenerife

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expediente sancionador nº:

36/2002/00204

Período: 2000

Grupo Inmobiliario Tres Piedras, S.L.

NIF: B-36862563

R/ Crucita, nº 22

Adeje-Santa Cruz de Tenerife

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expediente sancionador nº:

36/2002/00205

Período: 2000