Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/369).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T. aero-subterránea Punto Frontera UDESA na Lavacolla.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV en dobre circuíto, sobre apoios de formigón e en conductor LA-110, de 64 metros de lonxitude, con orixe en apoio lado caseta de interconexión con Fenosa e final no apoio nº 5 da dita liña, onde pasa a subterránea, baixo tubo e en dobre circuíto en conductor R.H.V. de 18/30 kV e 2x3(1x150) mm Al, de 895 metros de lonxitude, e final en apoio paso aero-subterráneo onde deriva a C.T. Amarelle e C.T. Figuerosa. Centro de seccionamento existente, no que se incorpora unha cabina de liña en SF e autoválvulas. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña