Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

AUTO (192/2002-L).

En Pontevedra o 16 de xaneiro de 2003.

Feitos.

Único. Con data 30 de outubro de 2002 este xulgado dictou sentencia no procedemento PA 192/2002-L, na cal se estima o recurso interposto pola representación da parte demandante María González Núñez, contra o acordo da Comisión de Goberno do Concello de Mos de data 2-4-2002, confirmatorio do decreto da alcaldía de data 22-2-2002 polo que se impuxo unha sanción de deducción proporcional de retribucións na contía de 779,19 euros por inasistencia ó traballo, constitutiva dunha infracción leve.

Esta sentencia declara a nulidade da sanción por entender ilegal a letra d) do art. 8 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma (aplicable ó persoal da Administración local en virtude do art. 3).

Por auto de data 22 de novembro de 2002 completouse a sentencia, fixándose definitivamente a súa decisión xudicial do seguinte modo: «Que debo estimar e estimo o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Isabel Sanjuán Fernández en nome e representación de María González Núñez contra o acordo da Comisión de Goberno do Concello de Mos de data 2-4-2002, confirmatorio do decreto da alcaldía de data 22-2-2002, polo que se impuxo unha sanción de deducción proporcional de retribucións na contía de 779,19 euros por inasistencia ó traballo, que anulo por contraria a dereito con recoñecemento, como situación xurídica individualizada, do dereito da recorrente á devolución da cantidade detraída imposta en concepto de sanción sen expresa imposición de custas.

Fáiselles saber ás partes que contra esta sentencia non cabe recurso.

Parte dispositiva.

SSª, perante min, a secretaria, acorda: formular ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a cuestión de ilegalidade do punto d) artigo 8 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma (aplicable ó persoal da Administración local en virtude do art. 1.3º) e que deu lugar á sanción anulada por sentencia do 30 de outubro de 2002 deste xulgado, por entender que se fundaba naquel punto d), art. 8, ilegal da ciada disposición xeral.

O que se anuncia para que sirva de coñecemento de tódolos que poidan ter interese na cuestión formulada.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2003.

A secretaria

Rubricado