Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.738

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (921/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 921/2002 contra as empresas Turbex Internacional, S.L. e Blue Lynx, S.L. sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia.-A Coruña, dezaseis de xaneiro de 2003. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 921/2002, seguidos por instancia de Javier Bernardo López Catón, maior de idade, asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Turbex Internacional, S.L. e a empresa Blue Lynx, S.L., que no compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar y estimo a demanda interposta por Javier Bernardo López Catón contra a empresa Turbex Internacional, S.L. e a empresa Blue Lynx, S.L., coa intervención do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Turbex Internacional, S.L. e extinguida a relación laboral na citada sentencia, condenando a demandada a que aboe ó actor a cantidade de 677,81 euros como indemnización, e coa absolución da empresa Blue Lynx, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco Banesto desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ás empresas Turbex Internacional, S.L. e Blue Lynx, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o dezaseis de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA