Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.737

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE PONTEVEDRA

EDICTO (525/2002)

Por resolución desta data dictada no xuízo de quebra de Nueva Forja Pino, S.L., seguido neste xulgado co número 525/2002, por instancia do procurador Senén Soto Santiago en representación de Nueva Forja Pino, S.L., acordouse citar por edictos os acredores da quebrada, de domicilio descoñecido, para que poidan asistir á xunta xeral de acredores que terá lugar o día 18 de marzo de 2003, ás 10.30 horas, na Sala de Audiencia número 4 deste xulgado, sito en Pontevedra, praza Tomás y Valiente s/n, planta baixa, co fin de proceder ó nomeamento de síndicos da quebra, apercibíndoos de que, de non asistiren, recaerá sobre eles o prexuízo ó que haxa lugar en dereito.

Dado en Pontevedra o seis de febreiro de dous mil tres.

Indalecio Conde González

Maxistrado xuíz

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA