Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.698

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (376/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos

autos nº 376/2002 seguidos por instancia de Manuel Dasilva Boullosa contra Gesvaria, S.L. sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 19 de setembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Gesvaria, S.L. a que readmita inmediatamente a Manuel Dasilva Boullosa nas mesmas condicións que rexían antes de se pruduci-lo despedimento, ou ben, á elección do empresario, a que lle aboe á parte demandante unha indemnización de 5.168,13 euros.

A devandita opción deberá de exercitarse no termo dos 5 días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia diante deste xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose a súa elección condeno así mesmo a parte demandada a que lle satisfaga á demandante os salarios que non teña percibido desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º e tendo en conta a limitación que establece o artigo 571 do ET e que ata a data ascende á cantidade de 4.966,88 euros.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución cabe recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Gesvaria, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en estrada N-VI, km 582, Espírito Santo (A Coruña); e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 24 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado