Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.699

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (1172/2002).

Belén Espiga Pérez, secretaria do Xulgado do Social número catro de Santander.

Fai saber que por proposta de providencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Guillermo Quevedo Mendoza contra Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., ADT España Servicios de Seguridad, S.L., Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por despedimento, rexistrado co número 1172/2002, acordouse citar a Inversiones Convergentes, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 12 de marzo de 2003 ás 11 horas da mañá, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Terán lugar na Sala de Vistas deste Xulgado do Social número catro de Santander, sito na r/ Alta, 18 (Pr. Juan José Ruano) debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ó destinatario que as seguintes comunicacións faranse nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentencia, ou de trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Inversiones Convergentes, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Santanter, 20 de febreiro de 2003.

Secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA