Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.698

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (474/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos

autos nº 474/2002 seguidos por instancia de Álvaro Allende Bestieiro contra Aluminios Magal, S.L. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 15 de xaneiro de 2003, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Álvaro Allende Bestieiro, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 2.501,83 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Aluminios Magal, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó demandante a cantidade de 2.501,83 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Aluminios Magal, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en polígono Alberto Castaño, nave 21, CP 15179 Perillo, Oleiros (A Coruña), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 15 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado