Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.697

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (149/2002).

No xuízo citado dictouse a sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«En Vigo o oito de novembro de dous mil dous. Eva Ferreiro Estévez, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número un de Vigo, vistas estas actuacións de xuízo ordinario seguidas neste xulgado co número 149/2002, por

instancia do procurador Ricardo Vidal Sampedro, en nome e representación da entidade mercantil Sirvent, S.L. contra Sesita Vecoña Otero, José Alonso Cores e Elisardo Alonso Vecona, en situación legal de rebeldía, por falta de pagamento das rendas e reclamación de cantidades do inmoble sito na rúa Gran Vía, nº 185, local B de Vigo, procede dictar esta resolución de acordo co seguinte:

Decido que estimando a demanda inicial destas actuacións, interposta polo procurador Ricardo Vidal Sampedro na representación que posúe da entidade mercantil Sirvent, S.L., contra Sesita Vecoña Otero, José Alonso Cores e Elisardo Alonso Vecoña, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre o local de negocio sito na rúa Gran Vía, nº 185, local B de Vigo existía entre a entidade demandante e a codemandada Sra. Vecoña Otero, por falta de pagamento das rendas pactadas e consecuentemente debo declarar e declaro que procede o desafiuzamento da referida codemandada do expresado predio, apercibíndoa de que se non desaloxa dentro do termo legal, será lanzada dela e á súa custa.

Así mesmo, debo condenar e condeno os demandados Sesita Vecoña Otero, José Alonso Cores e Elisardo Alonso Vecoña a aboarlle solidariamente á parte demandante a cantidade de trinta e dous mil douscentos sete euros con setenta e cinco céntimos (32.207.75), así como as cantidades que se xeren en concepto de renda e asimilados ata que se dicte sentencia, máis xuros legais desde a data de interpelación xudicial.

Impóñenselle á parte demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, que deberá interpoñerse no termo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da súa notificación, por medio de escrito presentado perante este xulgado, conforme o disposto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, notifíquese por este edicto a José Alonso Cores, Sesita Vecoña Otero e Elisardo Alonso Vecoña a referida sentencia.

Vigo, 10 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado