Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.697

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas (lista B).

Visto o acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Funcionario con data do 5 de febreiro de 2003, esta dirección xeral

RESOLVE:

Outorgarlle eficacia ó devandito acordo, procedendo da-la debida publicidade ás modificacións provocadas por este na lista B correspondente ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas publicada, por Resolución do 17 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 185, do 25 de setembro), e que se especifican como anexo a esta resolución.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores da devandita lista.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de xestión de Administración da Xunta

de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas

Lista B

Apelidos e nomeDNIPuntuaciónÁmbitoPosición

González González, Eva328111877,320SSCC55

A Coruña52

Pontevedra43

Mosquera Crespo, María Isaura349070846,140SSCC59

A Coruña55

Lugo39

Ourense35

Pontevedra47

Otero Ramírez, Ángel Ramón524986509,420SSCC25

A Coruña23

Lugo18

Ourense16

Pontevedra21

Sueiro Vázquez, María Isabel787893817,275SSCC56

Lugo36