Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Martes, 04 de marzo de 2003 Páx. 2.629

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de febreiro de 2003 pola que se regulan as axudas do ano 2003 para a execución de proxectos de cooperación ó desenvolvemento no exterior e proxectos de formación e sensibilización social para o desenvolvemento.

As políticas de cooperación ó desenvolvemento humano orientadas a unha real superación da pobreza precisan de iniciativas universais de promoción da solidariedade.

Á cooperación internacional propia dos distintos gobernos nacionais únese tamén a vontade de cooperación que xorde de forma descentralizada nas comunidades autónomas e noutras administracións territoriais, así como en institucións ou axentes sociais e económicos diversos que senten como un deber ético común o compromiso de traballar pola mellora das condicións de vida dos pobos máis necesitados da comunidade internacional.

A política de cooperación ó desenvolvemento que realiza a nosa Comunidade Autónoma experimenta unha evolución positiva nos últimos anos, tanto no relativo a medios e instrumentos financeiros como á extensión da cobertura xeográfica que abrangue, prestándose unha especial atención á cooperación que se realiza cos países latinoamericanos, como á incorporación de novos axentes de cooperación.

Así, se ben ata a data foron as ONGDs as maiores impulsoras e canalizadoras da solidariedade en xeral, e cos pobos máis desfavorecidos en particular, xorden agora novos axentes de cooperación ó desenvolvemento que desexan participar na solidariedade internacional e contribuír cos seus coñecementos e bo facer en prol daquelas poboacións máis empobrecidas que precisan da colaboración de todos.

Coa presente convocatoria preténdese, pois, abri-las portas á cooperación internacional a entidades como as universidades, empresas ou as súas organizacións, centros tecnolóxicos e de formación empresarial, os que participarían en proxectos de desenvolvemento productivo, investigación, formación e transferencia de tecnoloxía, promovendo o desenvolvemento dos pobos a través da mellora da súa economía productiva.

O Decreto 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, dispón que dependerá, funcionalmente da Presidencia de la Xunta de Galicia, e organicamente da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

Procede, por tanto, establecer, coas adecuadas garantías de publicidade, concorrencia e obxectividade, as bases que regulen o réxime de concesión de subvencións que, con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o 2003 e 2004, sexan destinadas á cooperación ó desenvolvemento a través de proxectos canalizados polas ONGDs establecidas en Galicia, universidades, empresas ou as súas organizacións, centros tecnolóxicos e de formación empresarial.

En atención a estes principios e obxectivos e para procura-la normalización e simplificación dos procedementos,

DISPOÑO:

Capítulo preliminar

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regula-las axudas a proxectos de cooperación ó desenvolvemento no exterior e a proxectos de formación e sensibilización social para o desenvolvemento promovidos por organizacións non gobernamentais de cooperación ó desenvolvemento (ONGD), así como a proxectos de desenvolvemento productivo, de investigación, formación e transferencia de tecnoloxía executados por universidades, empresas ou as súas organizacións, centros tecnolóxicos e de formación empresarial.

Artigo 2º.-Importe das axudas.

A Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, vai destinar 2.260.000 euros as axudas reguladas nesta orde, 1.446.400 euros con cargo á partida orzamentaria 17.03.213C.490.0 e 361.600 euros con cargo á partida orzamentaria 17.03.213C.790.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003. Os restantes 452.000 euros imputaranse a partida orzamentaria 17.03.213C.490.0 dos orzamentos do ano 2004. Tal cantidade podería incrementarse se o número de proxectos presentados e a súa calidade así o aconsellasen.

Capítulo I

Axudas a proxectos de cooperación

ó desenvolvemento

Artigo 3º.-Obxecto.

1. O presente capítulo ten por obxecto regula-las axudas a organizacións non gobernamentais de cooperación ó desenvolvemento (ONGD), para o cofinanciamento de proxectos de cooperación que se executen en países en vías de desenvolvemento.

2. Non se consideran incluídos nesta convocatoria os proxectos que teñan como obxecto a axuda humanitaria, nin os de carácter asistencial que non poidan asegura-la súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

Artigo 4º.-Dotación orzamentaria.

A dotación orzamentaria destinada a estas axudas será, alomenos, o 70% do importe total do crédito destinado na presente orde.

Artigo 5º.-Requisitos das entidades solicitantes.

1. Para ter acceso ás axudas a entidade solicitante deberá cumpri-los seguintes requisitos:

a) Estar inscrita no Rexistro Galego de Organizacións non Gobernamentais de Cooperación ó Desenvolvemento, creado pola Orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública (agora Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública) do 4 de abril de 1994, con alomenos un ano de antelación respecto á data en que finalice o prazo para a presentación de solicitudes.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Dispoñer de sede central ou de delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos entenderase por delegación permanente aquela que conte con persoal permanente da organización, xa sexa contratado ou voluntario, e local fixo onde realicen as súas actividades.

A delegación permanente asume a responsabilidade directa na presentación da solicitude e comprométese o mantemento da documentación, contabilidade e coxestión do proxecto na súa oficina de Galicia, entendendo por esta a participación polo menos, na identificación, formulación, seguimento e avaliación do proxecto.

d) Ter xustificado, no seu caso, e antes do remate do prazo de solicitude desta convocatoria, as axudas recibidas por parte da Xunta a outros proxectos de cooperación ó desenvolvemento subvencionados anteriormente. Así mesmo, cómpre ter efectuado o correspondente ingreso, nos casos nos que, sobre os beneficiarios de axudas económicas, recaera resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

e) Estar ó día nas súas obrigas tributarias, sociais e fiscais e non estar incurso en procedemento algún de reintegro ou sancionador coa Xunta de Galicia sobre axudas da mesma natureza.

2. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por varias ONGDs que, cumprindo os requisitos anteriores, se presenten asociadas en consorcio. Neste caso, cada unha das entidades consorciadas deberán cumpri-los requisitos sinalados anteriormente agás o da letra c), de aplicación alomenos a unha das organizacións consorciadas. As entidades consorciadas asumen a responsabilidade conxunta do proxecto e designarán

un responsable e un enderezo único para efectos das notificacións administrativas dos expedientes.

Artigo 6º.-Requisitos dos proxectos.

1. Os proxectos presentados deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Iniciarse dentro do exercicio 2003 e ter unha duración non superior a 18 meses.

b) Teren unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas dos sectores de poboación das zonas máis desfavorecidas de países en vías de desenvolvemento.

c) Que os resultados perseguidos se acaden nun prazo razoable de tempo.

d) Que conten coa participación dos beneficiarios no desenvolvemento do proxecto.

e) Que se identifiquen contrapartes ou socios locais que participen responsablemente na execución material do proxecto e na xestión dos recursos, constando expresamente o seu compromiso no proxecto.

f) Que o proxecto se axeite tanto á realidade como á capacidade de xestión da entidade solicitante e da súa contraparte, co fin de asegura-la súa viabilidade.

g) Que o proxecto sexa viable e sustentable, de forma que as súas repercusións continúen cando cesen as axudas da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Que as accións non teñan como obxectivo único o financiamento de servicios públicos de saúde, a educación regrada, a investigación oficial e os seminarios e viaxes de estudios, agás razóns excepcionais.

i) Que sexan respectuosos cos obxectivos de desenvolvemento do país, da zona onde se leve a cabo a acción, e das comunidades beneficiarias.

2. Non serán admitidos os proxectos que:

-Estean xa executados na data de solicitude da subvención.

-Non sexan coherentes, no sentido de non gardar relación entre a problemática que se presentan e os obxectivos marcados para superalo.

-Non sexan viables, no sentido de que non acheguen especificacións técnicas ou financeiras ou estas sexan insuficientes.

-Non sexan sustentables.

-Non fagan referencia á participación das persoas beneficiarias directas.

-Sexan discriminatorios por razón de cultura, raza, sexo ou relixión.

-Non redunden na ampliación das capacidades e liberdades das poboacións beneficiarias.

-Non acheguen a documentación requirida nesta orde, tralos requirimentos oportunos para a súa emenda.

Artigo 7º.-Criterios prioritarios para a subvención de proxectos.

Cofinanciaranse preferentemente aqueles proxectos que inclúan as seguintes prioridades:

a) Prioridades xeográficas.

Os dirixidos a países con menor índice de desenvolvemento humano e os que conteñan extensas capas da súa sociedade especialmente desfavorecidas e desestructuradas e, entre eles, a aqueles cos que existen relacións de tipo histórico e cultural.

Considéranse prioritarios os seguintes países: América Central (El Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua); Caribe (República Dominicana, Cuba); América del Sur (Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú, Paraguai); África Central (Senegal, Guinea Ecuatorial, Cabo Verde); África Austral (Mozambique, Angola, Namibia).

b) Prioridades sectoriais.

Os proxectos para os que se solicita a subvención deberán incluír algún dos seguintes grupos sectoriais:

1. Investimentos en infraestructuras básicas, en especial as relativas a augas, saneamento, comunicacións, sanidade e vivenda.

2. Mellora da cobertura de necesidades básicas, en especial mellora da saúde e atención materno infantil e mellora da calidade do sistema educativo.

3. Apoio ó desenvolvemento económico sustentable, en especial o medio rural, agropecuario, artesanal, industrial, apoio as economías sociais e populares.

4. Promoción do respecto ós dereitos humanos e do fortalecemento do sistema democrático así como a erradicación da violencia de xénero.

5. Defensa dos dereitos do menor e erradicación da explotación infantil.

6. Promoción da protección do medio natural e dun turismo respectuoso coas culturas dos países destinatarios das axudas.

7. O respecto e promoción da identidade cultural dos pobos.

c) Prioridades relativas ós beneficiarios do proxecto.

Serán prioritarios aqueles proxectos con maior número de beneficiarios, así como aqueles que inclúan algún dos seguintes colectivos: infancia, mulleres,comunidades indíxenas, refuxiados e desprazados.

d) Tamén se considerarán prioritarios aqueles proxectos:

-Que sexan presentados por unha agrupación de entidades.

-Que se encadren dentro de programas integrais de desenvolvemento.

-Que teñan unha elevada porcentaxe de financiamento da entidade solicitante.

-Que inclúan a realización dunha auditoría externa para presentar co informe final, na que conste o grao de cumprimento dos obxectivos acadados, e a xustificación económica do gasto.

-Os presentados por entidades que presenten unha auditoría externa das contas sobre resultados da súa xestión do último ano.

-Que a súa sustentabilidade este garantida unha vez rematada a acción exterior.

-Que teñan un maior grao de implicación dos beneficiarios e da contraparte local no proxecto, tanto na súa formulación como na súa execución.

Artigo 8º.-Condicións de cofinanciamento.

A Xunta de Galicia poderá financiar ata un 90% do orzamento total do proxecto, se este se desenvolve nun dos países considerados prioritarios, e ata un 70% nos demais casos, non superando en ningún caso a subvención concedida os 120.000 euros. Nos proxectos presentados por varias entidades, a subvención concedida non superará os 180.000 euros.

Para os xuros que, se é o caso, xeren os fondos transferidos pola Xunta de Galicia, será obrigatoria o seu reinvestimento en custos directos, quedando excluídos a imputación a eles de custos indirectos.

A parte do financiamento que se solicite como subvención a outras institucións terá que estar confirmada no momento no que se comunique a subvención concedida. De non ser así, a ONGD terá que comprometerse a suplila con fondos propios ou con outro tipo de financiamento achegado por terceiros. De non facelo así entenderase que renuncia á subvención concedida.

Artigo 9º.-Gastos subvencionables.

1. Serán gastos subvencionables os custos directos e os custos indirectos dos proxectos.

2. Entenderanse por custos directos aqueles que son necesarios para a posta en marcha do proxecto. Para efectos de concesión da axuda teranse en conta os seguintes:

a) Partida destinada á construcción ou rehabilitación de edificacións e infraestructuras, das que se especificará o réxime de propiedade e a titularidade destas, achegando a documentación probatoria suficiente. A man de obra ligada de forma puntual a estas tarefas e os materiais de construcción ou rehabilitación necesarios entenderanse incluídos nesta partida.

No caso de que a contraparte local ou a poboación beneficiaria achegue a man de obra ligada a estas tarefas, só se aceptará a súa valoración, se está acreditada de forma suficiente.

b) Equipos e materiais. A compra e transporte de equipos e materiais necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

c) Persoal local. Os custos de persoal local adscritos explicitamente ó proxecto. Deberá acreditarse documentalmente o salario medio para ese tipo de contrato do país ou zona onde se execute o proxecto. Considérase persoal local toda persoa contratada polo socio local segundo a lexislación vixente no lugar onde se realiza o proxecto. O importe máximo aplicable por este concepto non poderá supera-lo 25% do orzamento do proxecto.

d) Persoal expatriado. Os custos de persoal expatriado nos que se inclúen seguros, salarios, viaxes, aloxamento e manutención. O importe máximo aplicable por este concepto non poderá supera-lo 15% do orzamento do proxecto e non excederá de 2.000 euros brutos por persoa e mes.

A entidade solicitante deberá recorrer na medida do posible ós recursos humanos locais. Para o envío de expatriados presentarase unha memoria xustificativa da necesidade de envío do dito persoal e marcaranse os criterios de aptitude e cualificación requiridos para a correcta realización da acción, a duración e a descrición de tarefas.

e) Funcionamento. Os custos de funcionamento do proxecto na localidade que corresponda, relativos ós alugamentos de bens mobles ou inmobles e a adquisición de materiais funxibles necesarios para o desenvolvemento do proxecto. Non poderán incluírse outros gastos de funcionamento da entidade solicitante para a execución do proxecto, que deberán incluírse nos gastos indirectos.

f) Fondo rotatorio. Entenderase por tal a cantidade económica que se emprega como préstamos directos ou en especie ás persoas beneficiarias, que deben ser devoltos por elas nunhas condicións determinadas a priori.

Debe sinalarse o obxectivo, tipo monetario ou en especie, valor global e individualizado do préstamo previsto, tipo de xuro, prazo de carencia, garantías e outras condicións esixidas ás persoas beneficiarias, órgano xestor, cronograma de evolución, control de incobrables, ingresos previstos como retorno e destino deles.

3. Custos indirectos: son os gastos administrativos directamente ligados ó proxecto e os gastos derivados exclusiva e directamente da identificación, formulación, seguimento e avaliación de cada un dos proxectos. A porcentaxe máxima aplicable a este concepto será do 10% do importe total dos custos directos da subvención solicitada á Xunta de Galicia.

Artigo 10º.-Documentación.

As ONGDs que concorran a presente convocatoria deberán presenta-la seguinte documentación:

1. Solicitude de subvención e formulario de identificación conforme os anexos desta orde. O formulario deberá presentarse en papel e en disquette e cubrirase na súa totalidade.

2. Carpeta 1: Información relativa á ONGD solicitante.

a) Documento acreditativo da capacidade de representación e DNI da persoa que formula a solicitude.

b) Acreditación de dispor de sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma debendo presentar documentación relativa a algún dos seguintes conceptos:

b.1. Contrato de propiedade, aluguer ou de se-lo caso acordo, certificación ou documento que acredite a cesión ou posta á disposición dos locais a nome da ONGD.

b.2. Facturas de gastos de funcionamento a nome da entidade do último mes dispoñible (teléfono, electricidade, auga).

b.3. Contrato laboral ou documentos acreditativos da relación existente entre a ONGD e o persoal ó seu servicio (voluntariado, bolseiros, etc.).

c) Organigrama e estructura organizativa da ONGD en Galicia e número de socios, se é o caso.

d) Memoria da organización na que se inclúan os proxectos de cooperación ó desenvolvemento levados a cabo no ano 2002.

Cando varias ONGD se asocien en consorcio para a realización do proxecto, a organización solicitante deberá presenta-lo acordo de colaboración asinado entre elas. Este acordo deberá detalla-las actuacións nas que colaboran conxuntamente e o grao de participación de cada unha delas no que se refire ó seu financiamento, actividades que se van desenvolver e a distribución da subvención prevista, se é o caso.

3. Carpeta 2: Información relativa á contraparte local.

a) Documentación acreditativa da personalidade xurídica do socio ou contraparte local.

b) Enderezo legal.

c) Credencial do seu representante legal e do responsable local do proxecto.

d) Informe doutros proxectos nos que participase.

4. Carpeta 3: Información relativa ó proxecto de desenvolvemento.

a) Nome e cargo do persoal responsable da xestión técnico-económica do proxecto en Galicia.

b) Identificación e formulación precisa do proxecto que deberá incluír:

b.1. Mapa de localización exacta do proxecto (país, rexión, departamento ou provincia, concello).

b.2. Beneficiarios e criterios para a súa selección.

b.3. Información socioeconómica axeitada e actualizada sobre a situación existente no contexto local no que se prevé actuar.

b.4. Obxectivos que se pretende acadar.

b.5. Cronograma de actividades que se van desenvolver.

b.6. Documentación acreditativa da titularidade e réxime de cesión, se é o caso, dos inmobles vencellados ó proxecto. No caso de construcción de infraestructuras ou vivendas incluirase documento de conformidade das autoridades locais.

b.7. Criterios e indicadores que permitan medi-lo grao de realización dos obxectivos fixados.

b.8. Indicación no proxecto das obrigas das contrapartes locais e das actividades que se compromenten a desenvolver e, se é o caso, participación dos beneficiarios na elaboración, execución e valoración do proxecto.

b.9. Mecanismos de viabilidade da acción para que o seu impacto continúe despois do cofinanciamento.

c) Orzamento detallado das distintas partidas dos capítulos orzamentarios sinalados no artigo 9º e documentación xustificativa deles, indicando a porcentaxe de custos directos e indirectos, achegas propias e doutras institucións que conformen o custo total do proxecto.

Os orzamentos presentaranse en euros e nas moedas utilizadas no país de execución do proxecto, tomando como referencia o cambio de moeda establecido polo Banco Central Europeo o día de publicación desta orde no DOG.

No caso de que o proxecto prevexa financiamento complementario procedente doutras entidades públicas ou privadas, a ONGD especificará nunha declaración o organismo e situación na que se atopa a tramitación da axuda solicitada (solicitada, concedida ou ingresada).

d) Informe e documentación xustificativa da contía dos gastos indirectos relativos ó proxecto.

e) Documentación acreditativa, se é o caso, do valor das contribucións en especie dos socios locais.

f) Facturas pro forma, orzamentos ou valoracións externas nos seguintes casos:

f.1. Calquera custo valorizado polo socio local ou persoas beneficiarias.

f.2. En construcción, cando o investimento supere os 12.000 euros.

f.3. En equipos e materiais, cando o custo unitario dun equipo, mercadoría ou material supere os 2.500 euros, ou cando o monto do solicitado a unha empresa sexa superior a 6.000 euros.

g) Os solicitantes anexarán calquera outra documentación de soporte técnico que demande a natureza do proxecto para facilita-la súa comprensión e valoración tales como planos, fotos, certificados, convenios, escrituras, estudios, cálculos de rendibilidade, regulamentos, etc.

5. Toda documentación será presentada por duplicado exemplar, sendo un deles orixinal ou fotocopia compulsada, de acordo coa normativa vixente sobre a materia.

A falta de documentación nalgunha das carpetas, das xustificacións de ditas faltas, impedirán a avaliación do proxecto, se non tivo lugar a súa emenda dentro dos prazos establecidos.

Artigo 11º.-Valoración dos proxectos.

1. Os proxectos que cumpran os requisitos sinalados na presente orde serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios:

I. Aspectos relacionados coa entidade galega solicitante: ata 15 puntos.

1. Base social e experiencia en accións de cooperación ó desenvolvemento.

2. Nº de proxectos/experiencia no país ou zona onde se vai executa-lo proxecto.

3. Experiencia no sector de actuación do proxecto.

4. Achega financeira da ONGD ó proxecto.

5. Xestión satisfactoria doutros proxectos subvencionados pola Xunta de Galicia.

6. Presentación en consorcio por varias entidades.

II. Aspectos relacionados coa entidade local: ata 20 puntos.

1. Experiencia en proxectos de cooperación ó desenvolvemento.

2. Nº de proxectos/experiencia no país ou zona onde se vai executa-lo proxecto.

3. Experiencia no sector de actuación do proxecto.

4. Achega financeira ó proxecto (valorizada ou en efectivo)

5. Experiencia previa con ONGD solicitante.

6. Relación da entidade local coas persoas beneficiarias directas.

7. Capacidade de fortalecemento do tecido social.

III. Aspectos relacionados co contido do proxecto: ata 65 puntos.

1. Identificación do proxecto con especial concreción sobre o contexto social, económico, político e cultural dos beneficiarios, zona e país onde se vai desenvolver; antecedentes e xustificación deste.

2. Coherencia dos obxectivos coa problemática presentada.

3. Actividades que se van desenvolver e cronograma de execución. Coherencia na súa distribución.

4. Seguimento e avaliación previstos (internos e externos).

5. Financiamento: coherencia das partidas orzamentarias cos obxectivos do proxecto, cofinanciamento da ONGD e da entidade local, grao de desagregamento orzamentario (como mínimo nos termos establecidos nesta orde).

6. Recursos humanos e técnicos suficientes para acadar os obxectivos do proxecto.

7. Poboación beneficiaria: descrición precisa dos destinatarios, criterios de selección, grao de participación nas distintas fases do proxecto.

8. Viabilidade técnica e sustentabilidade do proxecto.

9. Impacto de xénero.

10. Impacto ambiental.

2. Será necesario acadar un mínimo dun 65% en cada un dos tres puntos sinalados, para supera-la valoración técnica.

3. Para unha mellor valoración deles poderán solicitarse previamente á resolución os informes técnicos que se xulguen oportunos, ben á Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento, ben a expertos independentes. Estes informes non terán carácter vinculante.

A Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento estará integrada por cinco vocais nomeados pola Coordinadora Galega de ONGD.

Capítulo II

Axudas a proxectos de sensibilización social

e/ou formativos para o desenvolvemento

Artigo 12º.-Obxecto.

O presente capítulo ten por obxecto regula-las axudas a organizacións non gobernamentais de cooperación ó desenvolvemento (ONGD), para o cofinanciamento de actividades formativas dirixidas ós colectivos directamente relacionados ou interesados na cooperación ó desenvolvemento e a realización de actividades de sensibilización destinadas á poboación en xeral, que incidan na toma de conciencia da sociedade galega sobre a situación dos países máis desfavorecidos.

Artigo 13º.-Dotación orzamentaria.

A dotación orzamentaria destinada a estas axudas será como máximo o 10% do importe total do orzamento destinados ás axudas reguladas nesta orde.

Artigo 14º.-Requisitos das entidades solicitantes.

Para ter acceso ás axudas, a entidade solicitante deberá cumpri-los requisitos sinalados no artigo 5º do capítulo I desta orde.

Artigo 15º.-Requisitos dos proxectos.

1. Para ter acceso ás axudas os proxectos presentados deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Iniciarse no ano 2003 e executarse antes do 30 de novembro.

b) Que se leven a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que a súa dirección, coordinación e control sexan exercidos directamente pola entidade solicitante.

2. Non serán admitidos os proxectos nos que:

a) As actividades estean xa finalizadas na data de solicitude da subvención.

b) Non se achegue a documentación requirida nesta orde.

Artigo 16º.-Criterios prioritarios para a subvención dos proxectos.

1. Cofinanciaranse preferentemente aqueles proxectos que potencien as seguintes accións:

a) Fomento na sociedade galega, especialmente entre os mozos, dos valores da solidariedade e da cooperación ó desenvolvemento e proxectos para realizar en centros escolares.

b) Coñecemento da realidade dos países subdesenvolvidos e das causas que xeran a pobreza.

c) Divulgación entre a sociedade galega dos proxectos de cooperación executados nos países subdesenvolvidos.

d) Fomento da formación e capacitación de voluntarios e profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia para o traballo especializado no ámbito da solidariedade e da cooperación ó desenvolvemento.

e) Proxectos nos que o seu soporte e difusión estean baseados na utilización de novas tecnoloxías.

f) Presentación e realización conxunta por dous ou máis ONGDs.

g) Consideración e impulso do enfoque de xénero na formulación, execución e avaliación das accións.

h) Accións que difundan a situación nos países en vías de desenvolvemento dos sectores máis vulnerables da poboación, en particular, infancia e mocidade, mulleres, comunidades indíxenas, refuxiados e desprazados.

i) Accións que permitan a participación activa dos cidadáns ou colectivos dos países en vías de desenvolvemento.

k) Accións que promovan e difundan os valores ambientais dos países en vías de desenvolvemento, a súa conservación e mellora.

2. Quedarán excluídas de toda axuda as actuacións formativas dirixidas exclusivamente a membros da propia organización.

Artigo 17º.-Condicións de cofinanciamento.

A Xunta de Galicia poderá financiar ata un 90% do orzamento total do proxecto, non superando en ningún caso a subvención concedida os 15.000 euros. Nos proxectos presentados por varias entidades a cantidade concedida non superará os 21.000 euros.

A parte do financiamento que se solicite como subvención a outras institucións terá que estar confirmada no momento no que se comunique a subvención concedida. De non ser así, a ONGD terá que comprometerse a suplila con fondos propios ou con outro tipo de financiamento achegado por ter

ceiros. De non facelo así entenderase que renuncia á subvención concedida.

Artigo 18º.-Gastos subvencionables.

Consideraranse gastos subvencionables, entre outros, os seguintes:

a) Gastos de locais para imparti-la formación, incluídos os de subministración.

b) Axudas de custo e gastos de desprazamento do profesorado e, cando resulte imprescindible, as remuneracións a conferenciantes, monitores ou profesores percibidas exclusivamente por razón da súa intervención técnica na actividade cofinanciada.

c) Gastos de publicidade da convocatoria da actividade.

d) Gastos propios da actividade formativa ou de sensibilización.

e) Outros gastos que figuren no orzamento da entidade solicitante asociados á administración, xestión, supervisión, difusión e sensibilización social da acción, non podendo exceder estes do 10% do importe total da subvención solicitada a Xunta de Galicia.

Artigo 19º.-Documentación.

As ONGDs que concorran a presente convocatoria deberán presenta-la seguinte documentación:

1. Solicitude de subvención e formulario de identificación conforme os anexos desta orde. O formulario deberá presentarse en papel e en disquette e cubrirse na súa totalidade.

2. Carpeta 1: Información relativa á ONGD solicitante.

Presentarase a mesma documentación que a esixida para os proxectos de cooperación que se executen en países en vías de desenvolvemento. Se a entidade solicitante solicitou axuda para este tipo de proxectos na presente convocatoria, non é necesaria a súa presentación neste caso.

3. Carpeta 2: Información sobre o proxecto de sensibilización social e/ou formativo coa seguinte documentación:

a) Nome e cargo do persoal responsable da xestión técnico-económica do proxecto.

b) Memoria descritiva na que se deberá facer constar:

b.1. Obxectivos e actividade que se van realizar.

b.2. Cronograma de actividades que se desenvolverán.

b.3. Relación de profesionais encargados de imparti-la disciplina ou as disciplinas que configuren o proxecto de sensibilización social e/ou formativo, así como a titulación destes.

b.4. Destinatarios a quen vai dirixido.

b.5. No caso de programas formativos, importe da matrícula ou dos dereitos de formación que se van

satisfacer, se os houbese, e previsión de bolsas de participación.

c) Orzamento detallando as distintas partidas orzamentarias.

No caso de que o proxecto prevexa financiamento complementario procedente doutras entidades públicas ou privadas, a ONGD especificará nunha declaración o organismo e situación na que se atopa a tramitación (solicitada, concedida ou ingresada).

4. Toda a documentación será presentada por duplicado exemplar, sendo un deles orixinal ou fotocopia compulsada, de acordo coa normativa vixente sobre a materia.

A falta de documentación nalgunha das carpetas, das xustificación destas faltas, impedirá a avaliación do proxecto, se non tivo lugar a súa emenda dentro dos prazos establecidos.

Artigo 20º.-Valoración dos proxectos.

1. Os proxectos que cumpran os requisitos sinalados na presente orde serán avaliados conforme os seguintes criterios:

I. Aspectos relacionados coa entidade solicitante: 30 puntos.

-Experiencia e traxectoria da ONGD en accións de formación para o desenvolvemento e sensibilización social e adecuación desta ó obxectivo e ás características do proxecto.

-Capacidade de xestión e recursos humanos, técnicos e económicos de que dispón a entidade para o desenvolvemento do proxecto.

-Xestión satisfactoria doutras accións de cooperación ou de educación para o desenvolvemento financiadas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

II. Aspectos relacionados co proxecto: ata 70 puntos.

-Contido da acción.

-Cofinanciamento de accións por outros organismos.

-Accións vinculadas ós proxectos de desenvolvemento que presentara a ONGD solicitante.

-Carácter técnico do equipo formador e do programa que se vaia impartir así como o seu contido teórico e práctico.

-O ámbito interdisciplinar dos coñecementos que se impartirán.

-O pagamento de matrícula ou dereitos de formación que terán que achega-los participantes e previsión, se é o caso, de bolsas de participación por parte da organización.

-O número de persoas ás que se dirixe a actividade e a incidencia prevista da acción para a promoción xeral da solidariedade e cooperación ó desenvolvemento.

-Colaboración entre máis dunha ONGD.

2. Será necesario acadar un mínimo dun 65%, en cada un dos dous puntos sinalados para supera-la valoración técnica.

3. Para unha mellor valoración deles poderán solicitarse previamente á resolución os informes técnicos que se xulguen oportunos, ben á Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento, ben a expertos independentes. Estes informes non terán carácter vinculante.

A Comisión Técnica Asesora de Actividades de Desenvolvemento estará integrada por cinco vocais nomeados pola Coordinadora Galega de ONGD.

Capítulo III

Axudas a proxectos de desenvolvemento

productivo, de investigación, formación

e transferencia de tecnoloxía

Artigo 21º.-Obxecto.

O presente capítulo ten por obxecto regula-las axudas a proxectos de carácter productivo, de investigación, formación e transferencia de tecnoloxía para a cooperación nos países pouco desenvolvidos a través de universidades, empresas ou as súas organizacións, centros tecnolóxicos e de formación empresarial.

Artigo 22º.-Dotación orzamentaria.

A dotación orzamentaria destinada a estas axudas será como máximo ó 20% do orzamento total das axudas reguladas na presente orde.

Artigo 23º.-Requisitos das entidades solicitantes.

1. As entidades solicitantes deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Estar constituída legalmente segundo a súa natureza.

b) Dispoñer de sede central ou de delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Para estes efectos entenderase por delegación permanente aquela que conte con persoal permanente da organización e local fixo onde realice as súas actividades.

c) Ter xustificado, se é o caso, e antes do remate do prazo de solicitude desta convocatoria, as axudas recibidas por parte da Xunta a outros proxectos de cooperación ó desenvolvemento subvencionados anteriormente. Así mesmo, cómpre ter efectuado o correspondente ingreso, nos casos nos que, sobre os beneficiarios de axudas económicas, recaera resolución administrativa ou xudicial firme de reintegro.

d) Estar ó día nas súas obrigas tributarias, sociais e fiscais e non estar incurso en ningún procedemento de reintegro ou sancionador coa Xunta de Galicia sobre axudas da mesma natureza.

2. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por varias entidades que, cumprindo os requisitos anteriores, se presenten asociadas. Neste caso, cada unha das entidades deberá cumpri-los requisitos sinalados anteriormente, agás

o da letra b), de aplicación alomenos a unha das organizacións asociadas. As entidades asociadas asumen a responsabilidade conxunta do proxecto e designarán un responsable e enderezo único para efectos das notificacións administrativas dos expedientes.

3. As entidades que se presenten ás axudas do capítulo I e II non poderán formular solicitude de axuda neste capítulo.

Artigo 24º.-Requisitos dos proxectos.

Para ter acceso ás axudas, os proxectos presentados deberán cumpri-los requisitos sinalados no artigo 6 do capítulo I desta orde.

Artigo 25º.-Criterios prioritarios para a subvención de proxectos.

Cofinanciaranse preferentemente aqueles proxectos que se desenvolvan nos países determinados como prioritarios na letra a) do artigo 7º, así como aqueles que teñan en conta as prioridades sinaladas nas letras c) e d) do mesmo artigo.

En relación coas prioridades sectoriais, teranse en conta particularmente:

a) Os proxectos de desenvolvemento productivo, entendidos como aqueles que propicien o crecemento das comunidades, no ámbito do tecido industrial de base, PEMES, cooperativas de diverso tipo, empresas de economía social e similares, nas que a súa producción responda ás necesidades sociais, económicas e de creación de emprego da zona, cun impacto positivo xeral sobre a rexión trala presentación dun estudio de viabilidade e pre-avaliación.

b) Os proxectos de formación e asistencia técnica, entendidos como aquelas accións destinadas a mellora-la capacidade no uso, o funcionamento e o mantemento de equipos técnicos no ámbito productivo (preferentemente cooperativas e empresas de economía social), e social (preferentemente saúde e educación).

c) Os proxectos integrais de desenvolvemento, fortalecemento institucional e de transferencia de tecnoloxía.

Artigo 26º.-Condicións de cofinanciamento.

A Xunta de Galicia poderá financiar ata un 70% do orzamento total do proxecto, non superando en ningún caso a subvención concedida os 100.000 euros.

A parte do financiamento que se solicite como subvención a outras institucións terá que estar confirmada no momento no que se comunique a subvención concedida. De non ser así, a entidade solicitante terá que comprometerse a suplila con fondos propios ou con outro tipo de financiamento achegado por terceiros. De non facelo así entenderase que renuncia á subvención concedida.

Artigo 27º.-Gastos subvencionables.

Serán subvencionables aqueles gastos que se sinalan no artigo 9º do capítulo I desta orde.

Artigo 28º.-Documentación.

As entidades que concorran a presente convocatoria deberán presenta-la seguinte documentación:

1. Solicitude de subvención e formulario de identificación conforme os anexos desta orde. O formulario deberá presentarse en papel e en disquette e cubrirase na súa totalidade.

2. Carpeta 1: Información relativa a entidade solicitante.

a) Documentación acreditativa da capacidade de representación e DNI da persoa que formula a solicitude, así como da constitución legal da propia entidade solicitante.

b) Documentación acreditativa de dispor de sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma.

c) No caso de ter participado en proxectos de cooperación ó desenvolvemento, memoria da entidade que reflicta a súa experiencia no sector.

d) Cando varias entidades se asocien para a realización do proxecto, a organización solicitante deberá presenta-lo acordo de colaboración asinado entre elas. Este acordo deberá detalla-las actuacións nas que colaboran conxuntamente e o grao de participación de cada unha delas no que se refire ó seu financiamento, actividades que se van desenvolver e a distribución da subvención prevista, se é o caso. Neste caso, a documentación solicitada na letra b) deste artigo será suficiente con que sexa presentada por unha das entidades solicitantes.

3. Carpeta 2: Información sobre o proxecto coa seguinte documentación:

a) Identificación e formulacións precisas.

b) Obxectivos e actividades que se van realizar.

c) Cronograma de actividades que se desenvolverán.

d) Orzamento no que se detallen as distintas partidas orzamentarias.

e) Informe e documentación xustificativa da contía de gastos indirectos que se imputan o proxecto.

f) Documentación acreditativa, se é o caso, do valor das contribucións en especie que se acheguen ó proxecto.

g) Documentación acreditativa da entidade local que participe no proxecto así como identificación precisa da súa intervención no proxecto e a súa achega económica.

No caso de que o proxecto prevexa financiamento complementario procedente doutras entidades públicas ou privadas, a entidade solicitante especificará nunha declaración o organismo e situación na que se atopa a tramitación (solicitada, concedida ou ingresada).

4. Toda documentación será presentada por duplicado exemplar, sendo un deles orixinal ou fotocopia

compulsada, de acordo coa normativa vixente sobre a materia.

A falta de documentación nalgunha das carpetas, das xustificacións destas faltas, impedirá a avaliación do proxecto, se non tivo lugar a súa emenda dentro dos prazos establecidos.

Artigo 29º.-Valoración dos proxectos.

1. Os proxectos que cumpran os requisitos sinalados na presente orde serán avaliados conforme os seguintes criterios:

I. Aspectos relacionados coa entidade galega solicitante: ata 30 puntos.

1. Experiencia en accións de cooperación ó desenvolvemento.

2. Nº de proxectos/experiencia no país ou zona onde se vai executa-lo proxecto.

3. Experiencia no sector de actuación do proxecto.

4. Achega financeira ó proxecto.

5. Xestión satisfactoria doutros proxectos subvencionados pola Xunta de Galicia.

6. Presentación por varias entidades.

II. Aspectos relacionados co contido do proxecto: ata 70 puntos.

1. Identificación do proxecto con especial concreción sobre o contexto social, económico, político e cultural dos beneficiarios, zona e país onde se vai desenvolver, antecedentes e xustificación deste.

2. Coherencia dos obxectivos coa problemática presentada.

3. Actividades que se desenvolverán e cronograma de execución. Coherencia na súa distribución.

4. Seguimento e avaliación previstos (internos e externos).

5. Financiamento: coherencia das partidas orzamentarias cos obxectivos do proxecto, cofinanciamento da entidade solicitante e local, grao de desagregamento orzamentario (como mínimo nos termos establecidos na orde).

6. Recursos humanos e técnicos suficientes para a consecución dos obxectivos do proxecto.

7. Poboación beneficiaria: descrición precisa dos destinatarios, criterios de selección, grao de participación nas distintas fases do proxecto.

8. Viabilidade técnica e sustentabilidade do proxecto.

9. Apoio da contraparte local ó proxecto e relación coa poboación beneficiaria.

10. Impacto ambiental e de xénero.

11. Capacidade de fortalecemento do tecido social.

2. Será necesario acadar un mínimo dun 65%, en cada un dos dous puntos sinalados, para supera-la valoración técnica.

3. Para unha mellor valoración deles poderán solicitarse previamente á resolución os informes técnicos que se coiden oportunos.

Capítulo IV

Disposicións comúns

Artigo 30º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1. A presentación de solicitudes supón a aceptación íntegra e expresa de tódalas condicións recollidas nesta orde, non podendo cada entidade presentar máis de dous proxectos de cooperación ó desenvolvemento por cada capítulo, indicando neste caso cal dos dous é prioritario.

2. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior e poderán presentarse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de abril de 2003.

Artigo 31º.-Resolución.

1. A resolución de concesión de axudas correspóndelle ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública por proposta do secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

2. A resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia indicando o concepto orzamentario ó que se aplica, entidade beneficiaria, cantidade concedida e finalidade da subvención.

3. O prazo máximo para notificar será de seis meses a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo sen que se notificase resolución expresa, a solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

A devandita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción da notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Para o caso de resolución presunta por silencio administrativo, os prazos serán de tres meses para o recurso de reposición potestativo, e seis meses para o recurso contencioso-administrativo, contados,

en ámbolos dous casos, desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 32º.-Compromiso de cofinanciamento.

Unha vez notificada a concesión da axuda e no caso de non terse concedida a totalidade da contía solicitada, a entidade beneficiaria deberá presentar, nun prazo máximo de 20 días naturais, declaración por escrito de aceptación da axuda na que conste o seu compromiso de achegar, directamente ou por financiamento de terceiros, a diferencia entre o custo total do proxecto e a subvención finalmente concedida. Igualmente deberán confirmar, se é o caso, que as subvencións solicitadas a outras institucións xa foran concedidas, ou ben que se compromete a financia-las cantidades adicionais que correspondan.

De non ser así, a entidade beneficiaria poderá, dentro do mesmo prazo, renunciar á axuda ou, sempre que tecnicamente fose posible e sen que se altere a finalidade do proxecto aprobado, presentar unha reformulación económica del, que será obxecto dunha nova valoración. Se non se presentase neste prazo ningunha contestación por escrito, entenderase que a entidade beneficiaria renuncia á axuda concedida, procedéndose ó seu arquivo.

No caso de reformulación do proxecto facúltase o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior para dicta-la nova resolución, que se lle notificará á entidade no prazo dun mes desde a presentación da reformulación.

Nos casos de renuncia á subvención ou revogación da axuda, o importe dela poderá destinarse a incrementa-la axuda inicialmente concedida a outros proxectos ou ben a subvenciona-los que, reunindo os requisitos da orde, e inicialmente non subvencionados, foran mellor cualificados.

Artigo 33º.-Seguimento e control dos programas.

1. As entidades beneficiarias de axudas deberán informar inmediatamente a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, sobre calquera eventualidade que altere ou dificulte gravemente o desenvolvemento do proxecto subvencionado.

2. Necesitarase autorización previa e expresa para calquera modificación substancial do proxecto, entendendo por tal aquela que afecte os seus obxectivos, beneficiarios, lugar e prazo de execución e variación do custo total do proxecto ou das partidas orzamentarias de ata un 20% do inicialmente aprobado. As solicitudes de modificacións substanciais do proxecto deberán estar suficientemente motivadas e formularanse mediante escrito, e con carácter inmediato á aparición das circunstancias que as xustifiquen, dirixido á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, que autorizará ou denegará tales modificacións no prazo dun mes.

Naqueles casos en que a modificación sexa de carácter incidental, bastará con que sexa comunicada no informe de seguimento ou na primeira comunicación que se dirixa á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior

3. Nos proxectos cun prazo de execución superior a seis meses, a entidade beneficiaria deberá remitir á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior informes semestrais de seguimento técnico e económico, nos que se deberá facer contar:

a) A situación na que se atope o desenvolvemento do proxecto, en función dos indicadores sobre resultados, obxectivos acadados, impacto xeral e as posibles sinerxías do proxecto.

b) Xustificantes de gastos e copias das transferencias realizadas ó socio local.

De non remiti-lo informe sinalado anteriormente no prazo indicado, notificaráselle para que no prazo de 15 días, así o faga, transcorrido o cal se iniciará o procedemento de reintegro da axuda recibida. En calquera caso, e con independencia dos informes semestrais que correspondan, a entidade beneficiaria deberá presentar ó finaliza-lo proxecto un informe final técnico e económico.

4. A realización e xestión dun proxecto poderá ser examinada durante a súa execución e con posterioridade á súa finalización, por representantes da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, debendo a entidade beneficiaria e a contraparte local, garantir e facilita-lo acceso ó lugar da acción, ás contas e ós documentos xustificativos correspondentes.

5. As entidades beneficiarias quedan, ademais, obrigadas a lle facilitar á Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior canta información lles sexa requirida respecto dos proxectos subvencionados por ela.

Artigo 34º.-Obrigas das entidades beneficiarias.

As entidades beneficiarias das axudas deberán cumprir coas seguintes obrigas:

1. Unha vez notificada a resolución deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Certificación de inicio do proxecto expedida polo responsable da entidade beneficiaria.

b) Declaración complementaria e actualizada das axudas e subvencións recibidas e/ou concedidas para este proxecto.

c) Compromiso específico de cesión dos bens mobles ou inmobles que resulten da execución do proxecto subvencionado ós beneficiarios ou socio local, se é o caso.

d) Orixinal ou fotocopia compulsada de certificacións acreditativas de que a entidade beneficiaria está ó día das súas obrigas e que non ten pendente

ningunha débeda por ningún concepto cos seguintes organismos:

Axencia Estatal Tributaria.

Consellería de Economía e Facenda.

Tesourería da Seguridade Social.

e) Certificación bancaria da conta aberta para a realización do proxecto.

2. Tanto a entidade solicitante como o socio local abrirán obrigatoriamente unha conta bancaria específica para o proxecto subvencionado. Nesta conta asignada ó proxecto terán a súa orixe tódolos pagamentos que se realicen con cargo ó cofinanciamento da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, establecéndose un sistema de contabilidade separada para as diferentes fontes de financiamento con que conte o proxecto. Os comprobantes destes ingresos e gastos estarán á disposición da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

3. A entidade solicitante transferirá, en función da execución do proxecto, as cantidades aprobadas á conta específica que o socio local establecerá para o proxecto.

Artigo 35º- Xustificación e pagamento das axudas.

1. Unha vez que a entidade adxudicataria da axuda cumprise as obrigas sinaladas no artigo anterior, procederase á concesión dun primeiro pagamento en concepto de anticipo de ata o 80% con cargo ós orzamentos do ano 2003, librándose o restante, e con cargo ós orzamentos do ano 2004, unha vez que presente a entidade un informe final que acredite o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a axuda, así como a completa xustificación económica da totalidade do proxecto subvencionado nos seguintes termos:

a) Un informe de execución, que conterá os obxectivos, actividades e resultados acadados e que deberá estar asinado polo responsable da xestión técnico-económica do proxecto en Galicia e irá acompañado dun documento do socio local no que se indique a repercusión do proxecto realizado e a súa continuidade ou viabilidade.

b) Un informe financieiro final no que se deberá xustifica-lo 100% do custo total do proxecto e deberá adaptarse ós conceptos de gastos aprobados, debendo constar:

1. Certificación de gastos co importe total do proxecto por partidas orzamentarias, indicando as distintas fontes de financiamento, e asinada polo representante da entidade beneficiaria.

2. Relación de facturas presentadas. Tanto esta relación coma a anterior presentarase en euros e en moeda local. O cómputo en euros farase segundo o seu contravalor no día da publicación desta orde.

3. Facturas que soporten a relación anterior. Estas cumprirán os requisitos esixidos pola lexislación do país no que se mercasen os bens ou se prestasen os servicios e, en todo caso, incluirán: nome e apelidos ou denominación social, enderezo e número de identificación fiscal (de se-lo caso) do expendedor e destinatario; descrición da operación e contrapestación total; lugar e data da emisión; importe indicando expresamente a moeda na que se emite.

Deberán presentarse orixinais de tódalas facturas que se paguen con cargo ó orzamento total do proxecto. Estas, unha vez comprobadas, serían devoltas ós interesados se estes así o solicitasen. No caso de que a contraparte local non poida desprenderse dalgún documento xustificativo de gasto, deberá presentar informe no que se motive a dita imposibilidade. Neste caso, será necesario que se presente unha fotocopia compulsada por funcionario competente, que dea fe do seu cotexo co orixinal.

4. Relación de persoal laboral e voluntario da entidade solicitante e local que participará na execución do proxecto, achegándose no primeiro caso os seus correspondentes contratos ou nóminas.

5. Informe e documentación xustificativa da contía dos gastos indirectos que se imputan ó proxecto.

6. Xustificante da contabilidade individual do proxecto e extracto cos movementos da conta bancaria aberta para o proxecto subvencionado.

7. Xustificante onde se faga consta-lo importe dos xuros obtidos e a partida ou partidas nas que a entidade decidise imputa-lo gasto.

A Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, en todo momento, poderá solicitar calquera outra documentación que considere oportuna para a xustificación da execución do proxecto, correspondéndolle a esta a aprobación do informe final, o que levaría consigo o aboamento da cantidade restante pendente de ingresar e a extinción das obrigas producidas pola concesión da subvención.

Artigo 36º.-Revogación e reintegro de axudas.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais para o mesmo proxecto, poderá dar lugar á modificación da resolución concesoria ou, se é o caso, á revogación total ou parcial da axuda.

2. As entidades beneficiarias están obrigadas ó reintegro das cantidades recibidas, cos correspondentes xuros de demora, e de acordo co establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, de réxime económico e financeiro, nos seguintes casos:

a) Por obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas.

b) Por incumprimento da obriga de xustificación na forma e nos prazos establecidos na resolución concesoria.

c) Por incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Por modificación substancial dos proxectos subvencionados sen autorización expresa do órgano competente.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os beneficiarios destas axudas quedan sometidos ós requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos poida efectúa-la entidade concedente e ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ós procedementos fiscalizadores do Tribunal de Contas e do Consello de Contas de Galicia.

Segunda.-En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade subvencionada.

Terceira.-No suposto de existir remanente no orzamento destinado nalgún capítulo da orde por non presentarse proxectos suficientes que reúnan os requisitos establecidos ou non acaden a valoración mínima que se esixe para seren subvencionados, destinarase este remanente a incrementa-lo orzamento dos capítulos restantes.

Cuarta.-As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde quedarán obrigadas á difusión do cofinanciamento por parte da Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actividade subvencionada.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior para dicta-las resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Para o non previsto nesta orde será de aplicación o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública