Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (535/2002-AJ).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña nos autos de xuízo verbal civil de desafiuzamento número 535/2002-AJ, sobre desafiuzamento por falta de pagamento das rendas, coas partes que se mencionarán, dictouse sentencia con encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

Sentencia.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2003.

Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, estes autos de xuízo verbal civil de desafiuzamento número 535/2002-AJ, promovidos como parte demandante por José Manuel Pardo Vidal representado polo procurador Roberto Ramos Córdoba contra Mathurin Bigobi con tarxeta de residencia número X-2737.325 A e declarado en rebeldía, en primeira sentencia, díctase no nome de El-Rei a seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Dictamino que, estimando integramente a demanda deducida polo procurador Roberto Ramos Córdoba en nome e representación de José Manuel Pardo Vidal contra Mathurin Bigobi, en situación procesual de rebeldía, declaro resolto o contrato de arrendamento que ligaba ás partes sobre o local baixo do edificio nº 74-76 da avda. Xeneral Sanjurjo desta cidade, por falta de pagamento da renda; condeno ó demandado a que desaloxe e deixe libre o expresado local, baixo apercibimento de lanzamento se así non o fixera, e que lle aboe ó demandante a suma de 931,14 euros, con aplicación do disposto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil en canto a xuros. Impoño á parte demandada as custas causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei de axui

zamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se admitirá recurso ningún á parte demandada se ó preparalo non se manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Mathurin Bigobi, con tarxeta de residencia nº X-2737.325-A e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino o presente edicto, na Coruña o 22 de xaneiro de 2003.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA