Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (227/2002).

Pilar Millán Mon, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra, fai saber que neste xulgado e baixo o número 227/2002 séguense autos de separación contenciosa por instancia de Ana María Lobato Pintos, representada pola procuradora María José Giménez Campos e asistida do letrado Alfonso Castro Carrera, fronte a Manuel Sobrado Fontenla e Ministerio Fiscal: nos citados autos con data do 16 de decembro de 2002 dictou sentencia cun dictame que literalmente di: que estimo a demanda interposta por Ana María Lobato Pintos contra Manuel Sobrado Fontenla, e decretar en consecuencia a separación do matrimonio canónico celebrado o día 16 de novembro de 1979 en Sanxenxo sen facer especial mención en canto ás custas, e acorda-las seguintes medidas:

1) A guarda e custodia dos fillos menores do matrimonio, Natalia, Adrián e Leticia, corresponde á nai, se ben a patria potestade seguirá exercéndose de modo conxunto por ámbolos dous proxenitores.

2) O pais, en concepto de pensión alimenticia, deberá paga-la suma de 360 euros mensuais que se aboarán os cinco primeiros días de cada mes na conta corrente ou de aforro que designe a nai. A referida suma actualizarase, con efectos a un de xaneiro de cada ano, comezando polo ano 2003, de acordo coa variación experimentada polo índice xeral de prezos ó consumo, establecido polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que legalmente o substitúa. Igualmente sufragará Manuel a metade dos gastos extraordinarios que se produzan durante e vida dos fillos menores, logo de notificación do feito que motiva o gasto e o importe deste para a súa aprobación, en caso de non ser aceptado resolverá o xulgado.

3) O uso do domicilio familiar, sito da avda. de Lugo nº 12, 4º, B de Pontevedra, e os obxectos de ordinaria utilización corresponderán ós fillos e á nai.

4) Disolve-lo réxime económico de gananciais, a liquidación destes efectuarase conforte os trámites do procedemento para a liquidación do réxime económico do matrimonio. Firme que sexa esta sentencia, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil en Sanxenxo para a súa inscrición.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, no prazo de cinco días seguintes ó da súa notificación. Notifíquese esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal. Así o acordo e asino.

E para que sirva de notificación a Manuel Sobrado Fontenla, actualmente en paradoiro descoñecido, asino este edicto en Pontevedra, nove de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado