Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.588

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1512/2001).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifica que neste recurso número 1512/2001, dimanante dos autos de cognición 393/1999 do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, se dictou sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Audiencia Provincial, Sección Terceira-A Coruña. Juan Ángel Rodríguez Cardama, presidente; Juan Luis Pía Iglesias, Rafael Jesús Fernández-Porto García. Na Coruña o un de febreiro de dous mil dous. Vistos pola Sección Terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que anteriormente se expresan, estes autos de xuízo de cognición número 393/1999, que perante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, nos que é parte apelante Andrés Paradela Soria e María Victoria Elsa Estévez Sanz, representada pola procuradora Sra. Real Ruíz, e doutra como apelada Industrias Autoplas, S.A., representada pola procuradora Sra. Pando Caracena, e en situación procesual de rebeldía a entidade mercantil Area Electricidad, S.L.; os autos versan sobre reclamación de cantidade.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia

número cinco da Coruña, no xuízo de cognición ó que se refire esta peza, confírmase esta resolución. Con custas desta alzada ó apelante».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación á demandada en situación procesual de rebeldía entidade mercantil Area Electricidade, S.L., expídese e asínase este edicto.

A Coruña o dezasete de xullo de dos mil dous.

O secretario

Rubricado