Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.588

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de febreiro de 2003 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, anunciada por orde da extinta Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, do 26 de decembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 3, do 7 de xaneiro).

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG nº 37, do venres, 21 de febreiro de 2003, debe facerse a seguinte corrección:

-Na páxina 2.043, na columna da esquerda, no anexo, onde di: «NRP: 327665435 A2051», debe dicir: «NRP: 3276654135 A2051».