Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.588

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da Resolución do 10 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou, con data do 20 de febreiro de 2003, resolución estimatoria do recurso de reposición formulado por Mª del Carmen Veiga Blanco contra a Resolución do 10 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), (DOG nº 9, do 15 de xaneiro).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede modifica-la Resolución do 10 de xaneiro de 2003, no sentido de eliminar da relación de excluídos que figura publicada como anexo á dita resolución a Mª del Carmen Veiga Blanco, DNI 32653052, incluíndoa na relación definitiva de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A).

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, poderase interpoñer directamente, recurso Contencioso-Administrativo ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artígo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función pública