Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Luns, 03 de marzo de 2003 Páx. 2.587

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

En sesión que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2003, o tribunal designado por Orde do 27 de novembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración da Xunta de Galicia, grupo C, escala

de subinspección pesqueira, convocado por Orde do 29 de novembro de 2001, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.2.1 e III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 19 de marzo de 2003, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comenzará ás 11 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 10.45 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

María José Cancelo Baquero

Presidenta do tribunal