Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.524

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (798/1999).

Nos autos de xuízo executivo 798/1999 deste xulgado, ó que se fará mención, dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

Sentencia:

«Na cidade da Coruña, nove de setembro de dous mil dous.

María del Carmen Gámiz Valencia, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos desta capital, viu estes autos de xuízo executivo, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, con CIF G-15028947, domiciliado na Rúa Nova, 30-32 (A Coruña), representado polo procurador Víctor López Rioboo y Batanero, e dirixido polo letrado José Pablo Casas Estévez, contra Víctor Manuel Daquinta Ramilo, con DNI 32789491-R, domiciliado en r/ Casp, 35-37, 2º-4ª, Sabadell; Graciela Paula Santos Souto, con DNI 32817242-Z, domiciliado en avda. General Sanjurjo, 166-168, 5º esqda. (A Coruña), actualmente en paradoiro descoñecido; e Felicitas Ramilo Varela, con DNI 32310586-W, domiciliado en r/ Violetas, 21, 5º esqda. (A Coruña); todos eles non compareceron en autos e foron declarados en rebeldía.

Resolvo que debo mandar e mando segui-la execución adiante, ata facer trance e remate, nos bens embargados e que no sucesivo se lles poidan embargar ós debedores Víctor Manuel Daquinta Ramilo, Graciela Paula Santos Souto e Felicitas Ramilo Varela e co seu producto enteiro e cumprido pagamento

ó acredor Caixa de Aforros de Galicia das responsabilidades polas que se despachou, é dicir, pola cantidade de nove mil douscentos sesenta e sete euros con cincuenta e tres céntimos (9.267,53 euros) de principal, máis os xuros pactados, os gastos e as custas, que se lles impoñen ós ditos demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela se pode interpoñer recurso de apelación para ante a audienca provincial desta capital, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación, que se deberá presentar ante este xulgado por medio de escrito, que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna, na forma prevista no artigo 457 da vixente Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, que será arquivada no libro de sentencias deste xulgado, e da que se levará testemuño ós autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado: María del Carmen Gámiz Valencia. Rubricado».

E para que así conste, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma ós demandados declarados en rebeldía, expido este edicto autorizado na Coruña o nove de setembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE BANDE