Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.524

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (2114/2001).

Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Certifico que no rolo de apelación civil número 2114/2001, dimanante dos autos de xuízo verbal civil número 333/1997 acumulados, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo, dictouse a seguinte: a sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, constituída polos maxistrados Juan M. Lojo Aller, José Ferrer González e Victoria E. Fariña Conde, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En vigo, Pontevedra, o nove de setembro de dous mil dous.

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, viu en grao de apelación os autos x.v.c. 333/1997, do Xulgado de Primeira Instancia número sete de Vigo, seguidos entre partes, dunha como apelante Manuel Besada Lemos, representado pola procuradora Caarrazoni Fuertes, como impugnantes Enrique Fernández Fernández e carpintería Frade S.L., representados pola procuradora Valencia Ulloa e Lino Alonso Cea, representado polo procurador Atienza Merino; e como apelados Cía. Aig Europa, representada polo procurador Nieto Quiles, Victor M. Alonso Loenzo, representado polo procurador Atienza Merino, Cía- ITT Esrcos, representada polo procurador Curbera, Cía. Baloise, representada polo procurador Vidal Ruibal, Manuel Novoa López e Transportes Frigoríficos Galicia, en situación de rebeldía procesual e Manuel Figueroa Seijo, con domicilio e rúa Xestoso nº 102 desta cidade (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decidimos que estimando en parte o recurso de apelación formulado por Manuel Besada Lemos e estimando integramente as impugnacións realizadas por Enrique Fernández Fernández e Carpintería Frade S.L., e a deducida por Lino Alonso Cea; contra a sentencia de data 30 de xullo de 1999 dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, nos autos de xuízo verbal civil nº 333/1997 (rolo de apelación civil nº 2114/2001), debemos revogar e revogamos parcialmente a dita resolución no sentido de que o xuro aplicable é o tipo do 20% anual desde o 14-10-1996 ata o completo pagamento das indemnizacións e que das custas de primeira instancia causadas na tramitación de demanda formulada por Manuel Besada Lemos se impoñen ós demandados Manuel Novoa López, Baloise e Aig

Europa as causadas pola súa intervención no procedemento da demandante, confirmando o resto dos seus pronunciamentos resolutorios e sen facer expresa imposición de custas desta alzada. Notifíquese esta sentencia ás partes na forma establecida no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial. Con testemuña desta resolución, devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia por quen xustificará recepción. Así, por esta nosa sentencia, da que se levará certificación ó rolo de sala número 2114/2001, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen sinaturas e rúbricas maxistrados actuantes».

Para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación da sentencia recaída nesta segunda instancia ós apelados demandados, Manuel Novoa López e Transportes Frigoríficos de Galicia, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Vigo, o dezaseis de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado