Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.525

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BANDE

EDICTO-CÉDULA de notificación (72/1991).

No procedemento de xuízo de maior contía 72/1991 acumulado ó 100/1994 de referencia dictouse a sentencia coa decisión do teor literal seguinte:

Que debo desestimar e desestimo integramente a demanda interposta polo procurador Ricardo Rómulo González Tejada, que actúa en nome e representación de Sergio Álvarez Carneiro, María Pereira Yáñez, Placer González Pérez e Constantino Almeida Salgado, todos eles maiores de idade, intervindo en nome e beneficio dos veciños de Quintela e Buscalque contra a que se vén denominando Comunidade Veciñal dos Montes en Man Común Quintela, Buscalque e Serra de Santa Eufemia, Manuel Paz Bernardo, contra Perfecto Paz Varela, Evaristo Paz González, Concepción Maquieira Salgado representados por Quintas Graña, contra os demais demandados que figuran no encabezamento desta sentencia e contra calquera outra persoa titular de casa aberta con fumes que, non sendo veciña de Quintela e Buscalque, pretenda posuír algún dereito sobre o monte litixioso, así como contra o Ministerio Fiscal e contra Electricidade de Portugal, representada pola pro

curadora Mónica Quintas Rodríguez, absolvendo a tódolos demandados das pretensións deducidas contra eles e impondo as custas procesuais ós demandantes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días.

E para que sirva de notificación en legal forma ás persoas descoñecidas e incertas a que se fai referencia así como ós herdeiros de:

Rosa Pérez Barros, Áurea Domínguez González, María Vila, María Rodríguez Alonso, Domingo Osorio Sousa, Sixto Pérez Paz, Evaristo Paz González, Serafín Estévez, Benita Alonso Piedad, María González Martínez, Emilio Paz Álvarez, Domingo González Paz, José Almeida Sousa, Rosa Costa Caches, Perfecto Estévez Yáñez, José Martínez González, Antonio González Silva, Antonio Martínez González, Manuel González Silva, Manuel Domínguez Alonso, Hortensia Oliveira, Domingo González Rodríguez, María Oliveira González, María Montero Pérez, Fernando Pérez Estévez, Manuel Araújo Pinto, María Pereira, Josefa Alonso Andrade, Antonio Ferreira Vázquez, José Estévez Maquieiro, Benito Álvarez González, María Oliveira Pérez, Jacinto Salgado Yáñez,

por estaren mortos, así como a:

Cayetano Vázquez Pérez, José Castro Paz, Concepción Paz Araújo, Delmira Paz Araújo, Rosa Estévez Yáñez e Lucinda González Rodríguez por se-lo seu domicilio descoñecido.

E para que sirva de notificación en legal forma da sentencia a todos eles, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Bande, vintetrés de outubro de dous mil dous.

O xuíz substituto

Rubricado