Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.513

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A.

Visto o expediente do acordo de prórroga do convenio colectivo da empresa Stolt Sea Farm, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 18-12-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2003.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta final.

Convenio colectivo de Stolt Sea Farm.

En Lira-Carnota, ás 10 horas do día 18 de decembro de 2002, reúnense na sala de xuntas da empresas Stolt Sea Farm, S.A. a comisión negociadora do convenio colectivo da mesma empresa, os seguintes membros desta:

Por la parte social:

Juan M. Saborido Rama.

Leopoldo Fernández Lariño.

Víctor Pena Caamaño.

Esteban Martínez Fondo.

Pedro Pazos Redonda.

Domingos Ramos Pérez.

Pedro Chouza Martínez.

Francisco Javier Fernández García.

Por la parte empresarial:

Pablo García Rodríguez.

As partes acordan, por unanimidade, prorrogar, ata o 31 de decembro de 2003, o convenio colectivo en tódolos seus termos, incluídos os artigos 12 e 30 que fan referencia a revisión salarial e táboas salariales respectivamente. É, polo tanto, o incremento salarial para o 2003 igual ó IPC real do ano anterior máis un por cento (1%) e aplicarase sobre tódolos conceptos salariais.

Asínase este para a súa posterior remisión a autoridade laboral para efectos do seu rexistro e publicación no BOP.

Non habendo máis puntos que tratar dáse por rematada a reunión, ás 11.30 horas da data arriba indicada.