Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.513

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2003 pola que se convoca un curso de actualización na Lei sobre axuizamento rápido para algúns delictos e faltas.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso de actualización na Lei sobre axuizamento rápido para algúns delictos e faltas, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo a preparación e actualización dos membros das forzas e corpos de seguridade destinados na nosa Comunidade Autónoma, en relación coa reforma parcial da LAC provocada pola Lei 38/2002 e tamén pola Lei orgánica 8/2002, ámbalas dúas do 24 de outubro, sobre o procedemento para o axuizamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas e de modificación do procedemento abreviado.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós membros dos corpos de Policía Local de Galicia e membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia

e, no caso de quedaren prazas vacantes, ós membros do corpo nacional de policía e garda civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de marzo de 2003, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase do 17 ó 21 de marzo de 2003.

O horario será de 16 a 20 horas.

Contido.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse os seguintes módulos:

-Os procedementos de axuizamento criminal.

-A instrucción criminal.

-Funcións procesuais da policía xudicial.

-O procedemento para o axuizamento rápido e inmediato de determinados delictos e faltas.

-Organización da policía xudicial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o mesmo día 14 de marzo a partir das 14 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

Sede da Academia Galega de Seguridade, sita na Avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 18 de febreiro de 2003.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade