Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Venres, 28 de febreiro de 2003 Páx. 2.512

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da xornada laboral para o ano 2003 do convenio colectivo do sector da construcción.

Vista a acta da xornada laboral para o ano 2003 do convenio colectivo do sector da construcción, con nº de código 3600435, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-12-2002, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción (APEC), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 19-12-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de decembro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión deliberadora do convenio

da construcción

Asistentes:

UGT:

Lourdes Diz Lorenzo.

Manuel Filgueira.

José Carlos Rodríguez del Río.

Ramón Carrera Morales.

CC.OO.:

Marcos González Oliveira.

CIG:

Xosé Xoán Melón.

Luis Manuel Gameiro.

APEC:

Jesús Fontán Piñeiro.

Anselmo Hernández Luján.

José Luis Campos Novo.

Asesora:

Yolanda Carballo.

En Vigo, 19 de decembro de 2002, na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC) previamente convocados, reúnense as persoas que figuran á marxe, nas representacións que se indican co obxecto de fixa-la xornada laboral para o ano 2003.

Como único punto trátase o tema da xornada laboral, recollido no artigo 43 do actual convenio colectivo que para o ano 2003 será de 1.752 horas efectivas de traballo.

O texto do artigo 43 do convenio relativo á xornada dirá textualmente:

1. A xornada ordinaria anual durante o período de vixencia deste convenio será de 1.752 horas segundo o calendario laboral anexo.

2. A xornada ordinaria semanal será de 40 horas de luns a venres durante toda a vixencia deste convenio.

3. Os traballadores teñen dereito a un paro de 15 minutos durante a mañá para toma-lo bocadillo segundo as necesidades do servicio.

4. Tendo en conta as condicións climatolóxicas e as necesidades das distintas actividades do sector, poderíase pactar nas empresas, a distribución variable da xornada máxima anual, sen que en ningún caso se poidan superar nove horas diarias nin as corenta horas semanais de traballo efectivo.

5. Para adapta-la xornada ás 1.752 horas acordadas para o ano 2003, os días 3 e 4 de marzo,

2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 30 e 31 de outubro e 24, 26 e 31 de decembro terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos.

6. Ademais dos días sinalados anteriormente, nos seguintes concellos, por coincidir no festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos:

O Rosal, 28 de febreiro.

A Illa de Arousa, Moraña, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui e Vilaboa, 5 de marzo.

Fornelos, 16 de xuño.

Covelo, 28 de xullo.

Arbo, Mondariz, Vigo e Vilagarcía de Arousa, 18 de agosto.

7. En cada centro de traballo a empresa expoñerá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión.