Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 33, do 17 de febreiro de 2003, cómpre face-las seguintes rectificacións:
-No artigo 2º.4 presentación das solicitudes, na páxina 1.745, onde di: «O prazo de presentación será de 20 días hábiles», debe dicir: «O prazo de presentación será de 40 días hábiles».
-No anexo II, punto 2-bolsas de reserva de praza, na páxina 1.749, onde di: «anos 1999, 2000 e 2001», debe dicir: «anos 2000, 2001 e 2002».