Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(621/2002). 2.454

CÉDULA de notificación de sentencia (861/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 861/2002, seguidos por instancia de Lucía Andrade Recarey, contra Cartex 2001, Jesús Otero Vidal e Chiquicruz, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 15 xaneiro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Lucía Andrade Recarey, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Cartex 2001 S.L. a que, á súa elección, que ten que efectuar no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 5.086,33 euros, con aboamento no suposto de readmisión dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta sentencia, e que ascenden á cantidade de 2.412,03 euros. Absólvese das pretensións da demanda as codemandadas, Jesús Otero Vidal e Chiquicruz, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 861-2002 de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisito sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cartex 2001, S.L., Jesús Otero Vidal e Chiquicruz, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado