Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (191/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos números 191/2002 por instancia de José Manuel Pérez Miniño contra Antonio Veiga Díaz, sobre cantidade nos que recaeu sentencia con data 24-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por José Manuel Pérez Miniño contra Antonio Veiga Díaz, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.643,60 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social

do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada.

Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Antonio Veiga Díaz, expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado