Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(191/2002). 2.455

CÉDULA de notificación de sentencia (351/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos números 351/2002 por instancia de Santos Vila Fernández contra Wind Courier España, S.L. sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data 24-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Santos Vila Fernández contra Wind Courier España, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.126,79 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do ava

lista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primera instancia, o pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Wind Courier España, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado