Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(351/2002). 2.455

CÉDULA de notificación de sentencia (730/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 730/2002, a instancia de María José Sánchez Fraga e outros contra Construcciones Peña Aguda, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 9-12-2002 que, copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por María José Sánchez Fraga, Marcos Álvarez Vázquez, José Manuel López González, Antonio Garrido Rodríguez, Indalecio García Beascoechea, contra Construcciones Peña Aguda, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós demandantes, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contado desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían ante de producirse o despedimento, con aboamento das cantidades seguintes; a María José Sánchez Fraga, 4.697,66 A, a Marcos Álvarez Vázquez, 5.105,48 A, a José Manuel López González, 13.298,40 A, a Antonio Garrido Rodríguez, 8.385,64 A e a Indalecio García Beascoechea, 756,17 A, en concepto de indemnización, e así mesmo ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a readmisión, no caso de que opte por esta última.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número

5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Construcciones Peña Aguda, S.L., expido e asino esta cédula en A Coruña, o 27 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado