Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

(730/2002). 2.456

CÉDULA de notificación de sentencia (500/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos números 500/2002 por instancia de Carmen Chousa Castro e outro contra Patiola, S.L. sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data 24-1-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Carmen Chousa Castro e Antonio Jul Villamor contra Patiola, S.L., debo condenar e condeno a demandado a que aboe ós demandantes a cantidade de 4.352,38 Carmen Chousa Castro e 15.901,78 a Antonio Jul Villamor por tódolos conceptos reclamados en demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría o tempo de interpoñe-

lo recurso, declarándose este desistido de non cons

tituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Patiola, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 28 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado