Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.457

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (606/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, da fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 606/2002, seguidos por instancia de María Rodríguez Cadahía e Matilde Vázquez Lemos contra a empresa Confecciones Lismar Adcla Textil, S.L. e outro, sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia.-Lugo, 16 de xaneiro de 2003.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 606/2002, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandantes María Rodríguez Cadahía e Matilde Vázquez Lemos, acompañadas do graduado social Rafael Vila Pereiro e, como parte demandada, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Confecciones Lismar Adcla Textil, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda sobre cantidade interposta por María Rodríguez Cadahía e Matilde Vázquez Lemos, contra a empresa Confecciones Lismar Adcla Textil, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar a cada unha das demandantes a suma bruta de tres mil oitenta euros con corenta e oito céntimos de euro (3.080,48), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria de se declara-la insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido

da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60-nº de autos 606/2002, que este Xulgado do Social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da rúa San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse

na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 606/2002 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. María de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Lismar Adcla Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o dezaseis de xaneiro de dous mil tres.