Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (621/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 621/2002, seguidos por instancia de Juan Carlos Couso Mesías, contra Arquinterior, S.L., e Grupo Construcciones Mera, S.L.

sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 15 xaneiro de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Juan Carlos Couso Mesías, contra a empresa Arquinterior, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.029,91 euros, que lle debe no concepto de salarios. Absólvese das pretensións da demanda á empresa Grupo Construcciones Mera, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 621-2002, de Banesto desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisito sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentenciam da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Arquinterior, S.L., e Grupo Construcciones Mera, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado