Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.453

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003 polo que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de química analítica, do departamento de Química Analítica e Alimentaria, a Benita Pérez Cid (praza 63/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por

resolución da Universidade de Vigo do 9 de outubro de 2001 (BOE do 31 de outubro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química analítica, do departamento de Química Analítica e Alimentaria, en prol de Benita Pérez Cid con documento nacional de identidade número 34.975.018-E, e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Benita Pérez Cid, profesora titular de universidade da área de coñecemento de química analítica do departamento de Química Analítica e Alimentaria.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de xaneiro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo