Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan parcial do parque empresarial do Concello de Salceda de Caselas.

Antecedentes.

Primeiro.-O Instituto Galego da Vivenda e Solo, en data 14-11-2002, remite o expediente de expro

piación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución do Plan parcial do parque empresarial de Salceda de Caselas, de conformidade co disposto polo artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

Segundo.-O Instituto Galego da Vivenda e Solo, mediante Resolución do 30 de xullo de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta e sometelo a información pública polo prazo dun mes, anunciándose no xornal Faro de Vigo de data 10 de agosto de 2002 e no DOG de data 6 de agosto de 2002.

Terceiro.-A taxación foi notificada individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, dándolles traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formularan alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da Lei do solo de Galicia.

Cuarto.-O Instituto Galego da Vivenda e Solo emitiu informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas polos interesados, de conformidade co artigo 145.6º da Lei do solo de Galicia, e remite o expediente de expropiación forzosa a esta consellería para a súa aprobación definitiva.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta de conformidade co disposto no artigo 145 da Lei do solo de Galicia.

Segundo.-O proxecto de expropiación abarca a superficie correspondente ó Plan parcial do parque empresarial de Salceda de Caselas, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación con data 21 de febreiro de 2001, no que se determina como sistema de actuación o de expropiación.

En virtude do disposto polos artigos 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e 54, en relación co 124 e 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a dita aprobación implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos no ámbito do plan parcial, resultando lexitimada a expropiación proposta.

Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva esixida polo artigo 145.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia:

Determinación do ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto á situación, superficie e lindeiros.

Fixación dos prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

Follas de prezo xusto individualizado de cada predio.

Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións, se é o caso.

Cuarto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse os establecidos polos artigos 23 e seguintes da Lei 6/1998, sobre réxime do solo e valoracións.

Quinto.-A competencia para aproba-lo expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta corresponde, por delegación, ó director xeral de Urbanismo, de acordo co artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo.

Na súa virtude, vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, e as demais disposicións aplicables, proponse adopta-la seguinte resolución,

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do Plan parcial do parque empresarial de Salceda de Caselas, para os efectos previstos polos artigos 145 e 146 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con estimación ou desestimación das alegacións nos termos que aparecen nos informes de contestación a estas que constan no expediente.

Esta aprobación definitiva do expediente implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei do solo de Galicia.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146.2º da Lei do solo de Galicia).

Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución aprobatoria do expediente ó Instituto Galego da Vivenda e Solo e de xeito individualizado a tódolos que aparezan como titulares de bens ou dereitos afectados que figuran no expediente, ós que se lles xuntará a correspondente folla de valoración, conferíndolles un prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó do recibo da presente resolución, para que poidan manifestar por escrito ante esta Dirección Xeral de Urbanismo, a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145.7º da Lei do solo de Galicia, advertíndolles que transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade co artigo 145.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como o seu anexo detallando a relación dos bens e dereitos afectados pola expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello.

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello, servirá de notificación ós

propietarios descoñecidos dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto, de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Igualmente, notificaráselle o contido desta resolución á Fiscalía da Audiencia Provincial, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación cos propietarios descoñecidos e os non-comparecentes no procedemento expropiatorio.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, da xurisdicción contencioso-administrativa). Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.

Todo isto, sen prexuízo de que, no caso de desconformidade coa valoración establecida, os interesados dispoñen dun prazo de vinte días para manifestala como se indicou no punto 2 desta resolución, nos termos establecidos polo artigo 145.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Relación de predios e titulares afectados

Plan Parcial do Parque Empresarial

de Salceda de Caselas

PREDIO NºSUPERFICIETITULAR

144 ParcialVILA ALONSO EDUARDO

247 ParcialLORENZO TOURAN ROBERTO MARIA

3325 ParcialFERNANDEZ NUÑEZ NATIVIDAD

4676HROS. DE CARMEN COTO RODRIGUEZ

5388GARRIDO ROSA

6720RODRIGUEZ LORENZO MANUEL

71.202NUÑEZ VAQUEIRO Mª DEL CARMEN

81.179GONZALEZ NUÑEZ MARIA MILAGROS

9350BLANCO PEREZ JOSE BENEDICTO

10451RODRIGUEZ GARCIA PRUDENCIA

11598NUÑEZ CABALLERO Mª DEL CARMEN

12576MARTINEZ PEREZ Mª CARMEN DELIA

13542MARTINEZ PEREZ Mª CARMEN DELIA

14633FERNANDEZ NUÑEZ MARIA NATIVIDAD

151.104TALLERES ALTAMIRA (BESADA)

16315 ParcialPEREZ MARTINEZ JOAQUIN CARLOS

PREDIO NºSUPERFICIETITULAR

17553RODRIGUEZ VAQUEIRO PEDRO PABLO

18435GARCIA MARTINEZ JOAQUINA

19478DESCOÑECIDO

201.051CABALLERO ESTEVEZ CAMILO

21403LORENZO MARTINEZ JOSE

22833RAJO GONZALEZ PERFECTA

23542TRONCOSO CABALLERO CARMEN

241.088TRONCOSO CABALLERO JULIO MANUEL

251.665TRONCOSO CABALLERO Mª ALEJANDRINA

26349TRONCOSO CABALLERO JULIO MANUEL

27626GARCIA DOMINGUEZ JOAQUINA

28217DOMINGUEZ LORENZO JOSE

29624FERNANDEZ PEREZ AGUSTIN

301.403CABALEIRO RODRIGUEZ AUREA

31299PEREZ MARTINEZ JOAQUIN CARLOS

321.240CABALEIRO RODRIGUEZ AUREA

33217VAQUEIRO BARGIELA Mª LUCIA

34211NUÑEZ VAQUEIRO Mª DEL CARMEN

351.527COMUNIDAD HEREDITARIA DE FRANCISCO CABALEIRO RODRIGUEZ

362.368PEREZ MARTINEZ JOAQUIN CARLOS

371.149DOMINGUEZ RODRIGUEZ MERCEDES

38305FERNANDEZ FERNANDEZ FRANCISCO

39128MARTINEZ PAZO FLORENCIO

40159FERNANDEZ FERNANDEZ FRANCISCO

4164RODRIGUEZ GARRIDO MANUEL

421.216HROS. CARMEN COTO RODRIGUEZ

43493PEREZ TRONCOSO AMABLE

44150FERNANDEZ VAQUEIRO ANA LUCIA

451.190FERNANDEZ PEREZ AGUSTIN

461.215NUÑEZ CABALLERO ROGELIO

47441COTO PEREZ SANTOS

48478GARCIA MARTINEZ JOAQUINA

49639HROS. CARMEN COTO RODRIGUEZ

502.654TALLERES ALTAMIRA

51216PARAJE GONZALEZ ANA

52364ALVAREZ PEREZ ISABEL

53356ANTAS GONZALEZ PILAR

54297PEREZ ALFONSO

55390MARTINEZ PAZO FLORENCIO

56286FERNANDEZ MARTINEZ PRIMITIVA

57411SANJUAN CASALES ANTONIO

58558COTO PEREZ SANTOS

59295CERQUEIRA ESTEVEZ OTILIA

60492RODRIGUEZ ESTEVEZ MANUEL

61235PEREZ MARTINEZ JOAQUIN CARLOS

62250ANTAS GONZALEZ PILAR

631.529RODRIGUEZ ESTEVEZ MANUEL

641.044TALLERES DE PIEDRA ALTAMIRA, S.L.

65612NUÑEZ FERNANDEZ Mª ESTER

66601FERNANDEZ NUÑEZ Mª VICTORIA

67722HROS. COTO RODRIGUEZ JOSE AMADEO

68530VILA ALONSO INOCENCIA

692.498TALLERES ALTAMIRA

701.006RODRIGUEZ ESTEVEZ MANUEL

716.130HROS. NAVAL MONTOTO DE FLORENCIA