Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 27 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/389).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de

decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento accesos ó porto de Ferrol.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: recuamento L.M.T. da subestación de Santa Mariña, co obxecto da construcción das vías de acceso norte ó porto de Ferrol, así como a adecuación das redes de B.T. de varios CC.TT.

L.M.T.S. vivendas Mariña; L.M.T.S. Cotogrande; L.M.T.S. Reserva; L.M.T.S. Caranza II, polígono Caranza; L.M.T.S. Bazán II-L.M.T.S. Bazán I; L.M.T.S. Ferrol II e L.M.T.A. Xubía-Pallota-Cog. Maneiras e SMR-710/L.M.T.A. Reserva; de 650 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al, 1.885 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, 110 m de lonxitude en conductor LA-56 e 160 m en LA-110 e adecuación das RR.BB.TT. dos CC.TT. Escorial, San Juan, Espiño, Pallota, San Pedro de Leixa e Cotogrande.

Centro de transformación prefabricado de formigón de 400 kVA, en San Pedro de Leixa. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 27 de decembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña