Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (471/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, doy fe e certifico que nesta xulgado se seguen autos número 471/2002 por instancia de Aranzazu Martínez Méndez contra María Montserrat Fernández Rico y el Fondo de Garantía Salarial sobre salarios, nos que recaeu sentencia que copiada nos particulares necesarios dí así:

«Dictamino: que estimando a demanda promovida por Aranzazu Martínez Méndez conta María Montserrat Fernández Rico, Lino José Fernández Calvo e o Fondo de Garantía Salarial debo condenar e condeno á demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de 1.382,62 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito é indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhibá perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista, sen este requisito no poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademas, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronuncioo, mándoo e asíno.

Así, por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa expido e asino a presente cédula na Coruña o 10 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado