Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (724/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico:

Que neste xulgado se seguen autos número 724/2002, por instancia de Mongi Ben Rajeb Nairi contra la empresa Malpimar, S.L sobre invalidez, nos que recaeu sentencia que copiada nos particulares necesarios di así:

«Dictamino que estimando a demanda promovida por Mongi Ben Rajeb Nairi contra a empresa Malpimar, S.L. debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía ós litigantes ó día de hoxe condenando á demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 21.613,16 euros en concepto de indemnización.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito é indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo cosignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de

interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o

dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empersa Malpimar, S.L. expido e asino a presente cédula na Coruña, a 10 de xaneiro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado