Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (611/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 611/2002, por instancia de Miguel Ángel Blanco González contra Cedrón Comunicaciones, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Miguel Ángel Blanco González contra Cedrón Comunicaciones, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución opte entre a inmediata readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento da cantidade de 319,27 euros, en concepto de indemnización, e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución, en caso de que opte pola readmisión.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de inicialo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositada no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, o mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cedrón Comunicaciones, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, o quince de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado