Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (361/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 361/2002, por instancia de Juan José González Castro contra Anodizados de Sabón, S.A.. sobre salarios nos que recaeu sentencia con data do 17 de decembro de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Juan José González Castro contra a empresa Anodizados de Sabón, S.A., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó actor a cantidade de 639,63 euros por tódolos conceptos reclamados en demanda. Así, por esta miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncia-lo recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositada no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista,

requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas, na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría, ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, proonuncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Anodizados de Sabón, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña, 16 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado