Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE XIXÓN-ASTURIAS

CÉDULA de citación (768/2002).

Eu, Juan Ignacio Sánchez Andrade Carral, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Xixón-Asturias, fago saber que nos autos 768/2002 deste xulgado, seguidos por instancia de Enma Prieto Fernández contra a empresa Canard Luso, Mutua Gallega, INSS e TXSS, se acordou cita-la empresa Canard Luso, en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza o día vintesete (27) de febreiro de dous mil tres, ás 11 horas da mañá, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número dous de Xixón, sito na r/ Decano Prendes Pando nº 1; deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba dos que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que lle sirva de citación á empresa Canard Luso, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, que se fará de forma gratuíta segundo está previsto na Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, artigo 2.d) e artigo 6.4º, en Xixón o seis de febreiro de dous mil tres.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia, ou que se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado