Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala (Corral Mauriz, José María).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Do embargo que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou os seus representantes, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2003.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData da

dilixencia

Descrición do ben

Corral Muriz, José

María

32651239-W30-8-2002Vehículo matrícula

2466BFM