Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

EDICTO (63/2002).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra tramítase o P. ordinario

63/2002, por instancia da mercantil Novo Lar de Arousa, S.L., contra la Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Nos referidos autos recaeu auto con data do 14-1-2003 cunha parte dispositiva que é do teor literal seguinte:

«S.Sª. ante min, a secretaria, acorda formular ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a cuestión de ilegalidade do artigo 7, punto primeiro, do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta de Galicia, para a imposición de sancións por infracción nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrucción do labor inspector, e que deu lugar á sanción anulada por sentencia do 2-1-2003, deste xulgado, por entender que se fundaba naquela disposición ilegal. Emprázanse as partes para que, no prazo de quince días, poidan comparecer e formular alegacións ante o referido Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e verificado, remítase ó tribunal ad quem, certificación do presente auto e copia testemuñada dos autos principais e do expediente administrativo. A formulación desta cuestión deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia...»

E en cumprimento do acordado e para que se proceda á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expídese, asina e sela este edicto en Pontevedra o vintedous de xaneiro de dous mil tres. Dou fe.

A secretaria xudicial

Rubricado