Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO de notificación (208/2001).

Nos autos de xuízo verbal número 208/2001, seguidos neste xulgado por instancia de Emérita Souto Somoza, representada polo procurador Daniel Rivas Gandasegui contra José Fontecoba Villaverde, Rufino Castro Fernández, Astrid Prado Souto, Jesús Pérez Recarey, Santiago Souto Somoza e Juan Pérez Fernández, dictouse sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«En Pontevedra, o 30 de xullo de 2002. Vistos por Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos de xuízo verbal promovidos polo procurador Sr. Rivas na representación procesual de Emérita Souto Somoza, asistida do letrado Sr. Nogueira, contra José Fontecoba Villaverde, representado pola procuradora Sra. Vázquez e asistido do letrado Sr. Trujillo, Rufino Castro Fernández, representado polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e asistido do letrado Sr. Alonso, Astrid Prado Souto, Jesús Pérez Recarey, Santiago Souto Somoza y Juan Pérez Fernández, en situación procesual de rebeldía, sobre constitución forzosa de servidume de paso.

Decido que estimo a demanda deducida pola representación procesual de Emérita Souto Somoza e en consecuencia declaro o dereito da demandante á constitución a favor do predio da súa propiedade, de servidume forzosa de paso sobre o predio lindante ó sur, propiedade do demandado José Fontecoba Villaverde. O dito paso discorrerá polos puntos C-D do dictame pericial do perito Sr. del Pino, comunicando o predio da demandante co chamado Camiño da Fonte de Atrás, na modalidade de paso permanente, logo de indemnización ó indicado demandado do valor do terreo que se ocupe e dos prexuízos que se causen no predio servente, para determinar en execución de sentencia, todo iso sen especial pronunciamento na materia de custas».

E para que sirva de notificación a Astrid Prado Souto e Santiago Souto Somoza, expido este edicto en Pontevedra, o once de outubro de dous mil dous.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA