Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (86/1999).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que na executoria de faltas nº 86/1999 se dictou este auto, o cal na súa parte dispositiva di:

«Dispoño que procede declarar a José Antonio Sampayo Figueira insolvente penal na causa de que procede esta executoria substituíndo a pena de dous meses de multa con cota de 1,80 euros, pola pena de arresto de trinta días que deberá cumprir en establecemento penitenciario.

Que procede declarar a José Antonio Sampayo Figueira insolvente civil respecto de indemnización a Ramón Manuel Sampayo Figueira pola cantidade de 210,35 euros, sen prexuízo da súa execución de chegar a mellor fortuna.

Notifíquese esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal e unha vez firme, líbrese mandamento ó centro penitenciario máis próximo ó domicilio do penado para a elaboración do correspondente plan de execución».

E para que conste e sirva de notificación e requirimento en forma a José Antonio Sampayo Figueira,

actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Padrón o catorce de xaneiro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE

DE PONTEVEDRA