Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de citación (907/2002).

Enriqueta Roel penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de proposta de adopción que se seguen neste xulgado co número 907/2002 se acordou a citación de Fernando Vilas Paz, mediante publicación da seguinte cédula de citación:

«En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de adopción número 907/2002, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a Fernando Vilas Paz, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día vinteún de marzo ás 9.50 horas compareza perante este xulgado para práctica de dilixencias, prevíndoo de que de non o verificar recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

Na Coruña, 24 de xaneiro de 2003».

E para que conste e sirva de cédula de citación, expido este edicto que asino na Coruña o vintecatro de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN