Examinado o expediente instruído por instancia de Carlos Pascual Juanes, na súa calidade de repre-
sentante legal da entidade mercantil Picasentour, S.L., titular da axencia de viaxes Picasentour, S.L., do grupo retallista, con código de identificación CV-m 186-V e casa central na rúa Doctor Soler nº 3 de Picassent (Valencia), en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na rúa de Pizarro nº 73, local 10, Vigo (Pontevedra).
Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.
Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.
Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.
Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo,
RESOLVE:
Autorizarlle á axencia de viaxes Picasentour, S.L., do grupo retallista, con código identificativo CV-m 186-V, e casa central na rúa Doctor Soler nº 3 de Picassent (Valencia), da que é titular Picasentour, S.L., a apertura dun novo establecemento na rúa de Pizarro nº 73, local 10, Vigo, (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.
Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi
nistracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.
P.D. (Orde 12-1-1998)
María A. Antón Vilasánchez
Directora xeral de Turismo