Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do aproveitamento hidroeléctrico do río Tronceda, Salto de Lagoa, no termo municipal de Mondoñedo (Lugo), por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de xaneiro de 2003. (Expediente 18/2002 A.T.).

Visto o escrito presentado por Francisco Vázquez Fernández, na súa calidade de administrador da entidade Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L., con CIF B-27249788 e con domicilio na rúa San Roque, nº 4, 5º A, 27002 Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dictou Resolución do 31 de xullo de 2000, de declaración de efectos ambientais dos proxectos de instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda, Mondoñedo (Lugo), en competencia, promovidos por Ecoener, S.L. e a Compañía Gallega de Minicentrales, S.A., empresas que posteriormente cederon os seus dereitos no expediente á Sociedad Española de Generación Eléctrica, S.L., considerándose por tanto como a única peticionaria.

Segundo.-Por resolución do presidente de Augas de Galicia, do 19 de decembro de 2000, outorgouse a favor da Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L. unha concesión para aproveitar 2.300 l/s de auga do río Tronceda, no termo municipal de Mondoñedo (Lugo), con destino a producción de enerxía eléctrica.

Por Resolución do 13 de decembro de 2001 do presidente de Augas de Galicia, aprobouse o proxecto constructivo do aproveitamento hidroeléctrico do río Tronceda, Salto de Lagoa.

Terceiro.-Con data do 29 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda, Salto de Lagoa, no termo municipal de Mondoñedo, Lugo.

Cuarto.-Mediante escrito do 17 de abril de 2002, Francisco Vázquez Fernández, na súa calidade de administrador da entidade Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L., solicitou a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación que leva implícita o aproveitamento hidroeléctrico aprobado, todo iso segundo os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e

procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o artigo 123 da Lei de augas.

Quinto.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo acordou, por Resolución do 19 de agosto de 2002, publicada no BOP de Lugo do 5 de setembro, no DOG do 18 de setembro, no xornal El Progreso do 23 de agosto, e no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo, someter a información pública a citada petición de declaración de utilidade pública, incluíndo a relación de afectados.

Durante o período de exposición pública recibiuse a seguinte alegación:

Fernando Luis Cortiñas Legaspi, con DNI 76555847 e domicilio na rúa Padre Claret nº 3 de Madrid alegou, mediante escrito do 29 de agosto de 2002, que na mesma data recibiu notificación da delegación provincial na que se lle comunicaba verse afectado polo expediente de declaración de utilidade pública que nos afecta, o cal non se corresponde coa realidade xa que a verdadeira propietaria se trata de María Ermitas Legaspi González.

Sexto.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Tronceda, Salto de Lagoa, teñen as seguintes características:

-Azude de derivación e toma.

-Caudal máximo derivado: 2.300 l/s.

-Salto bruto: 85,70 m (entre cotas 440,7 e 355,0 msnm).

-Dúas turbinas tipo Francis, de eixe horizontal de 6.000 rpm, e de 1.700 e 600 l/s respectivamente.

-Dous xeradores asíncronos de 1.575 e 555 kVA de potencia e tensión de xeración de 0,69 kV.

-Un transformador de potencia de 2,5 MVA e relación de transformación 0,69/20 kV.

-Instalacións de mando, control, protección, conexión e medida.

Sétimo.-O día 22 de outubro de 2002, a empresa promotora, neste caso Segel, presenta ante a Delegación Provincial da Consellería de Innovación,de Industria e Comercio de Lugo un escrito no que pon de relevancia o acordo amigable entre a devandita empresa e a afectada, María Ermitas Legaspi González, presentando para iso copia do acordo.

Oitavo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable, propoñendo a declaración de utilidade pública que leva implícita o aproveitamento hidroeléctrico aprobado.

Noveno.-O 19 de decembro de 2002, Augas de Galicia emitiu informe previo favorable á referida declaración de utilidade pública.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O Concello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 13/1982,

do 4 de novembro establecido na disposición adicional terceira da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, relativa á declaración de utilidade pública das obras, do organismo autónomo Augas de Galicia, constitutivas de aproveitamentos hidráulicos outorgados con destino á producción de enerxía eléctrica.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación presente no expediente, queda de manifesto que:

A empresa promotora tomou constancia da alegación realizada por Fernando Luis Cortiñas Legaspi e chegou a acordo amigable, como se dixo nos fundamentos de feito, coa afectada, María Ermitas Legaspi González.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia acorda:

1. Declara-la utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación do proxecto do aproveitamento hidroeléctrico do río Tronceda, Salto de Lagoa. Todo iso segundo os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

2. O órgano competente, por razón da materia, para a tramitación do expediente é a Consellería de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, debendo esta consellería cumprir co procedemento legal establecido.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO