Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 11 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Arnego 2648-2.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, o Acordo do 11 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Arnego 2648-3, sita en terreos do termo municipal de Agolada, provincia de Pontevedra, promovido por Rochas Ornamentales Antucho, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 66,88 h, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 6 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 44' 20'', 42º 44' 40'' norte, e polos meridianos 7º 59' 40'', 8º 00' 40'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Arnego 2648-3, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra