Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Picasentour, S.L., sita na avenida de Fragoso número 87, baixo B, Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia de Carlos Pascual Juanes, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Picasentour, S.L., titular da axencia de viaxes Picasentour, S.L., do grupo retallista, con código de identificación CV-m 186-V e casa central na rúa Doutor Soler nº 3 de Picassent (Valencia), en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na avda. de Fragoso nº 87, baixo B, Vigo (Pontevedra).

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Picasentour, S.L., do grupo retallista, con código identificativo CV-m 186-V, e casa central na rúa Doutor Soler nº 3 de Picassent (Valencia), da que é titular Picasentour, S.L., a apertura dun novo establecemento na avda. de Fragoso nº 87, baixo B, Vigo (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS