Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.936

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (371/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña.

Dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 371/2002, por instancia de Jorge Blanco Novio contra Cegape, S.L. e Grupo Casteleiro, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 17 de decembro de 2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido: que estimando a demanda promovida por Jorge Blanco Novio contra as empresas Cegape, S.L. e Grupo Casteleiro, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó actor a cantidade de 3.554,09 A por tódolos conceptos reclamados na demanda. Así, por esta a miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncia-lo o recorrente, si é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositada no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade

solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o resgardo na secretaría ó tempo de interpo-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o

dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Cegape, S.L. e Grupo Casteleiro, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 17 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA