Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.937

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras para ampliar e mellora-lo andar baixo do edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos para situa-la delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Obxecto: contratación das obras para ampliar e mellora-lo andar baixo do edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos para situa-la delegación provincial da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Prazo de execución: doce meses.

Orzamento: 1.105.833,25 euros.

-Anualidade 2003: 210.197,79 euros.

-Anualidade 2004: 895.635,46 euros.

Garantía provisional: 22.116,66 euros.

Garantía definitiva: 44.233,33 euros.

Clasificación: grupo: C; subgrupos: todos; categoría: E.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará ó dispor dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2224

Para dispor das fotocopias do proxecto deberán dirixirse á copistería Tórculo Artes Gráficas, S.L., praza de Mazarelos, 14, Santiago de Compostela. Teléfono 981 58 54 55.

Modelo de proposición: o que figura como anexo III ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do décimo segundo día natural, contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación de proposicións. Se fose sábado ou inhábil, a apertura será o primeiro día hábil seguinte.

O importe dos anuncios relativos a este concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública